Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Que son os espazos TEU?

Os espazos TEU son unha rede de espazos abertos que o Concello da Coruña pon a disposición da cidadanía para o seu uso gratuíto, público e aberto.

Podes solicitalos para facer unha reunión, celebración, evento familiar, actividade formativa, social ou cultural etc., sempre que sexa sen ánimo de lucro.

Tes que ser maior de idade e estar empadroado/a na Coruña e podes solicitalos con carácter privado ou en representación dunha entidade ou asociación inscrita no REMAC ou dun colectivo informal con sede dentro do termo municipal da Coruña.

Na actualidade, o Concello da Coruña conta con catro espazos abertos de uso cidadán xestionados pola Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible