Terá lugar a partir das 9.30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, con probas organizadas en dúas quendas por conxuntos e individuais
22 de septiembre de 2024
O vindeiro sábado 28 de setembro terá lugar a sexta edición do Torneo Nacional Club Rítmica Milenium, coa participación de ximnastas de diferentes puntos de España. Coa organización deste evento, o Goberno de Inés Rey continúa apoiando os clubs da cidade na difusión e promoción do deporte de base e a realización de encontros de carácter nacional.
En total, o Palacio dos Deportes de Riazor acollerá 200 ximnastas de diferentes categorías de conxuntos e individuais de base. Realizarase dende as 9.30 horas da mañá ata as 14.00 horas, momento da entrega de medallas ás persoas e conxuntos gañadores.
As competicións distribuiranse en dúas quendas. Dende as 9.30 horas e ata as 10.40 horas terán lugar as probas por conxuntos de clubs. A partir das 10.40 horas comezarán as probas individuais das categorías xuvenil, cadete, infantil, alevín e benxamín.
Participarán un total de 27 clubs da contorna: Acordes Narón, Biqueira, CDXR Compostela, CR Adagio, CR Milenium, CX Porriño, Escuela Versalles, Esquío, EX Oleiros, EX Porta Norte, Maniotas, María Barbeito, Marusia, Milany, Oleiros Rítmica e Estética, Pontus Veteris, Porta Norte, Releve, Rítmica Coruña, Saraiba ED Poio, Treboada, Versalles, Vilagarcía de Arousa, Violeta, Viravolta, Xiada e Ximnasia Arousa. A competición enmárcase no calendario oficial da Federación Galega de Ximnasia.
22/12/2024
22/12/2024
22/12/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible