ANUNCIO
Todas as publicacións relativas a este proceso faranse polos seguinte medios:
Así mesmo, poderase obter información no teléfono gratuíto de atención á cidadanía 010.
Pode consultar as bases desta convocatoria no documento adxunto no pé da páxina ou na seguinte ligazón:
21 de xuño de 2024 - Cambios de horario
Se procede a la publicación del listado del alumnado que, de acuerdo con el punto 1.5 de las bases de la convocatoria, solicitó el cambio de horario en la misma modalidad deportiva, para el curso 2024-2025.:
Como NO ES NECESARIO SORTEO, esta lista se convierte en definitiva y por tanto, el alumnado cuyo cambio está concedido deberá FORMALIZAR EL CAMBIO, del 1 al 3 de julio, en la caja del Palacio de Deportes de Riazor, en horario de 08:15-13:30 h., preferentemente con cita previa.
En caso de no acudir a formalizar el cambio, el alumnado se mantendrá en el grupo de origen.
19 de xuño de 2024 - Matrícula on line para las renovaciones de cambio de grupo por edad
Del 20 al 26 de junio, se podrán tramitar telemáticamente las renovaciones de las personas que cambian de grupo por edad.
Para ello, deberán acceder a la plataforma en línea del Servicio Municipal de Deportes: Acceso a Cronos Web.
Recomendamos consultar la Guía de acceso a Cronos Web - Renovaciones EDM
13 de xuño de 2024 - Cambios de grupo por idade
O cambio de grupo por idade realizarase na mesma modalidade deportiva.
Data da matrícula do 20 ao 26 de xuño, nas oficinas de atención ao público na Cidade Deportiva de Riazor no seu horario de atención ao público.
1.- Cambios de grupo por idade menores de idade (de 6-17 anos)
O alumnado dos grupos con problemas de praza ou que teñen varias posibilidades de horario a elexir, e que cumpriron os trámites establecidos no punto 1.3.1, poden consultar o grupo no que poden formalizar a matrícula na seguinte listaxe, posto que non é necesario facer sorteo:
O alumnado, entre 6 e 17 anos, que cambia de grupo por idade no resto das modalidades deportivas que non teñen problema de praza, poderá tamén formalizar a matrícula no mesmo prazo.
2.- Cambio de grupo por idade do alumnado maior de idade
O alumnado maior de idade que voluntariamente solicitou o cambio de grupo por idade de acordo ao establecido no punto 1.4.2 das bases da convocatoria, posto que tampouco é necesario facer sorteo, poderá formalizar a matrícula, no mesmo prazo, na clase indicada na seguinte listaxe:
RENOVACIÓN EDM 2024-25
A renovación da matrícula vai dirixida a todo o alumnado matriculado e asistente nas EDM no curso 2023-24 que desexe renovar a súa matrícula para o vindeiro curso 2024-2025 con asistencia igual ou maior a un 60% tanto no caso das actividades xestionadas directamente polo SMD do Concello da Coruña así como polas concesionarias do Complexo Deportivo de San Diego e do Club do Mar de San Amaro.
A renovación realizarase na actividade, no grupo e horario no que se estea inscrito/a no curso 2023-24. O SMD poderá cambiar a denominación dos grupos co fin de ordenar a oferta das EDM. Neste caso, cada persoa quedará adscrita a un grupo equivalente ao que estaba matriculada.
Considerarase a idade referida á data 31 de decembro de 2024.
LISTAXE DE ALUMNADO EDM 2024-25
Na seguinte ligazón pode consultar o alumnado que: ten dereito a renovar, o que cambia de idade, o que non ten continuidade nas EDM ou aqueles casos aos que non corresponde renovación:
DATAS, LUGAR E HORARIOS PARA AS RENOVACIÓNS
Publicación da listaxe: 24 de abril a partir das 10:00h
Presentación de alegacións: do 25 ao 30 de abril, nas oficinas de coordinación das EDM nos horarios de 08:15-14:00 e das 17:00-19:00 de luns a venres.
Disporán dun prazo de presentación de alegacións correspondentes e xustificacións aquelas persoas que acrediten que as ausencias tiveron lugar por causas de forza maior ou estado de necesidade. Neste punto aclárase que non terán esta condición as ausencias por enfermidade preexistente á data de matriculación no curso anterior e/ou enfermidade crónica.
Matrículas: en xeral do 2 ao 27 de maio, ambos incluídos
Para facilitárllelo ás persoas residentes dos contornos do barrio das Flores e da Torre, abriranse as oficinas do Barrio das Flores do 2 ao 8 de maio e as oficinas da Cidade Deportiva da Torre do 9 ao 16 de maio.
RENOVACIÓN PRESENCIAL: *terá preferencia a cita previa (1 por matrícula). Pode solicitala en www.citaprevia.coruna.gal ou chamando ao 010 |
|||
Oficinas de atención ao público |
Idades |
Datas |
Horario |
---|---|---|---|
Palacio de Deportes Riazor* |
MAIORES DE 60 ANOS |
2 ao 10 maio |
Lu-Ve 08:15-14:00 |
Palacio de Deportes Riazor* |
18-60 ANOS |
13 ao 20 maio |
Lu-Ve 08:15-14:00 |
Palacio de Deportes Riazor* |
ATA 17 ANOS |
21 a 27 maio |
Lu-Ve 08:15-14:00 |
Cidade Deportiva da Torre* |
TODAS AS IDADES |
9 ao 16 maio |
Lu-Ve 08:15-14:00 |
Polideportivo do Barrio das Flores* |
TODAS AS IDADES |
2 ao 8 maio |
Lu-Ve 08:15-14:00 |
Club do Mar de San Amaro |
TODAS AS IDADES |
02 maio ao 27 maio |
Lu-Ve 9:30-19:30 |
CDM de San Diego |
TODAS AS IDADES |
02 maio ao 27 maio |
Lu-Ve 08:00-22:30; Sa 09:00-21:30 Festivo. 09:00-14:00 |
CAMBIO DE GRUPO POR IDADE
1.- Cambios de grupo por idade menores de idade (de 6-17 anos)
O cambio de grupo por idade realizarase na mesma modalidade deportiva, sempre e cando a EDM dispoña de prazas.
Data da matrícula do 20 ao 26 de xuño, nas oficinas de atención ao público na Cidade Deportiva de Riazor nos horarios publicados (consultar o cadro anterior).
As EDM que en primeira convocatoria non dispoñen de prazas ou poden optar a varios horarios son as seguintes:
-Alumnado de Patinaxe de 6 a 8 anos, con cambio a Patinaxe de 9 a 11 anos. (Polideportiva núm. 1 Riazor) |
-Alumnado de Minitenis de 6 a 8 anos (da Torre), con cambio a Tenis 9-11. (Torre, Riazor, Novo Mesoiro) |
-Alumnado de Natación de 6-8 anos, con cambio a 9-11 anos. (Riazor) |
-Alumnado de Tenis de 9-11 anos (Riazor/Torre/N. Mesoiro) que cambia a Tenis de 12-17 anos. (Riazor/Torre/N. Mesoiro) |
-Alumnado de Natación de 9 a 11 anos, con cambio a Natación de 12 a 17 anos. (Riazor) |
-Alumnado de Patinaxe de 9-11 anos, con cambio a 12-17. (Polideportiva núm. 1 Riazor) |
Neste caso o alumnado deberá realizar o seguinte procedemento:
2.- Cambio de grupo por idade do alumnado maior de idade
O alumnado poderá realizalo de forma voluntaria ou permanecer no grupo de orixe sempre que o seu estado físico o permita.
O alumnado que decida permanecer no grupo de orixe deberá matricularse nas datas arriba indicadas segundo o procedemento de renovación.
O alumnado que voluntariamente desexe cambiar a grupo de +60 deberá seguir o seguinte procedemento:
3.- Cambios de horario e instalacións
Só se admitirán solicitudes de cambio de horario por motivos de conciliación familiar ou causas de forza maior e atenderase no caso de que houbese praza.
Para optar ao cambio deberá previamente matricularse na súa praza de orixe nas datas indicadas para as renovacións.
No caso das EDM na Piscina Municipal de San Amaro e no Complexo Deportivo Municipal de San Diego:
PAGO DA TAXA CORRESPONDENTE
Para que a renovación sexa efectiva o alumnado deberá pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanza Fiscal número 15 do Concello da Coruña en vigor. O seu pago poderase efectuar tanto en efectivo como mediante tarxeta.
Segundo o artigo 8 da dita ordenanza "Esixirase o depósito previo das taxas correspondentes a ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS no momento de efectuarse a matriculación. Iniciada a prestación do servizo, a cantidade ingresada en concepto de depósito aplicarase ao importe definitivo da taxa, polo que procederá a súa devolución se o/a alumno/a solicita a baixa na actividade con antelación ao comezo do curso..."
A ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM, para o cal deberán achegar a documentación preceptiva con carácter previo á renovación nos rexistros do SMD.
O pago poderase efectuar en efectivo ou con tarxeta.
RENUNCIA Á PRAZA
As persoas que, rematado o prazo de renovación que corresponda, non fixesen o pagamento da taxa correspondente entenderase que renuncian á praza na que podían renovar. A dita praza pasará á convocatoria libre e ofertarase para o curso 2024-25.
En todo caso, unha persoa que renunciou ou que non renovou unha praza por calquera circunstancia sempre vai poder optar a convocatoria libre por esa ou por outra que saia ofertada.
LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR PERSOA
Para o curso 2024-2025 como norma xeral, establécese a limitación de ocupar como máximo dúas prazas das EDM no mesmo curso, exceptuando:
Esta limitación establécese considerando conxuntamente as instalacións deportivas municipais de xestión directa así como os complexos deportivos de San Diego e San Amaro.
Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS |
TAXAS* Consultar taxas reducidas por rendemento económico ou IPREM. Máis información na Ordenanza Fiscal nº 15-Reguladora de la tasa por la prestación de servicios en las instalaciones Deportivas Municipales |
|
Menores de 18 anos |
Actividades en auga e seco |
1 día - 18,81 € 2 días - 37,60 € 3 días - 55,93 € |
Recuperación Funcional |
2 días - 69,63 € 3 días - 84,78 € |
|
Entre 18 e 64 anos |
Actividades en auga e seco |
2 días - +18 anos - 56,83 € 3 días - +18 anos - 84,79 € |
Recuperación Funcional |
2 días - +18 anos - 97,92 € 3 días - +18 años - 127,92 € |
|
Maiores de 65 anos |
Actividades en auga e seco |
2 días - +65 anos - 10,49 € 3 días - +65 anos - 16,62 € |
Recuperación Funcional |
2 días - +65 anos - 59,31€ 3 días - +65 anos - 74,16 € |
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible