RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SUBVENCIÓNS PARA FOMENTO DE ENTIDADES DEPORTIVAS 2022
Publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP Nº 211 - martes, 8 de novembro de 2022) a resolución definitiva da convocatoria extraordinaria de subvencións destinadas a entidades deportivas sen ánimo de lucro para o fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas no Concello da Coruña, ano 2022.
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/11/08/2022_0000006839.pdf
A resolución do procedemento pon fin á vía administrativa e contra a devandita resolución caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Con todo, poderán, con carácter potestativo, presentar recurso de reposición ante o propio órgano que ditou a resolución no prazo dun mes, nese caso o prazo para a presentación do recurso contencioso administrativo comezará a contar desde a notificación da resolución expresa do recurso.
No caso de subvencións concedidas, o prazo de aceptación ou renuncia da subvención é de cinco días hábiles desde o siguiente ao da publicación no BOP, é dicir, ata o 15 de novembro de 2022, incluído. Transcorrido ese prazo sen que se produza a renuncia expresa, a subvención entenderase aceptada tacitamente. Poderá presentala a través da sede electrónica do Concello da Coruña preferentemente, ou nos restantes rexistros electrónicos das Administracións que compoñen o sector público (Administración Xeral do Estado, Administracións das Comunidades Autónomas, Entidades Locais, etc.) segundo se regula no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Pode consultar os documentos nas seguintes ligazóns ou nos documentos ao pé de páxina:
Anuncio resolución definitiva Convocatoria extra. 2022
Resolución definitiva Convocatoria extraordinaria de subvencións_2022
PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SUBVENCIÓNS PARA FOMENTO DE ENTIDADES DEPORTIVAS 2022
Publicada hoxe (13/10/2022) na sede electrónica municipal a proposta de resolución provisional da convocatoria extraordinaria de subvencións a entidades deportivas para o ano 2022.
A proposta pode consultarse na seguinte ligazón: Proposta resolución prov convocatoria extraordinaria subvencións 2022
O prazo para presentar alegacións é de 5 días naturais a partir do día seguinte á súa publicación, é dicir, desde o 14 ao 18 de outubro de 2022, ambos inclusive.
As alegacións poderán presentalas a través da sede electrónica do Concello da Coruña ou, en calquera caso, por medios electrónicos, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O enlace para a consulta na sede electrónica é o seguinte: https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=16534
REQUIRIMENTOS DE EMENDA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA SUBVENCIÓNS ENTIDADES DEPORTIVAS 2022
No BOP de A Coruña número 178, de data 19.09.2022, publícase o requirimento de emenda das solicitudes da convocatoria extraordinaria de subvencións para entidades deportivas correspondente o ano 2022.
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/09/19/2022_0000005747.pdf
O prazo para presentar a documentación emendada é de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación, é dicir, entre o 20 de setembro e o 3 de outubro de 2022, ambos inclusive.
A documentación deberá ser presentada a través da sede electrónica do Concello da Coruña con destino ao servizo municipal de Deportes, utilizando o procedemento "Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente" e citando o número de expediente (indícase na publicación no BOP) na seguinte ligazón:
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES DEPORTIVAS 2022
A Concellaría de Deportes do Concello da Coruña acaba de publicar a convocatoria extraordinaria para o ano 2022, a través do Acordo de Xunta de Goberno Local de data 5 de agosto de 2022 (BOP núm. 161, de 25 de agosto de 2022), das subvencións destinadas ás entidades sen ánimo de lucro para o fomento e o apoio á realización de actividades deportivas no Concello da Coruña para o ano 2022 para a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo e organización de eventos deportivos e competicións na cidade de A Coruña (Tipos 1, 1.1 e 5).
As principais novidades desta convocatoria extraordinaria son as seguintes:
- Só se pode presentar unha única solicitude por cada entidade deportiva, e se concederá como máximo unha (1) subvención por entidade deportiva.
- Os tipos os que se poden optar son 3: tipo 1, tipo 1.1 se ten convenio nominativo e tipo 5.
O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de Coruña nº 161, de 25 de agosto de 2022, coa seguinte referencia: Ref. 211/2022/791 Convocatoria Deportes - BDNS (Identif.): 644223. O enlace público de consulta é o seguinte:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/644223
O prazo de presentación de instancias é de 15 días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP, é decir, do 26 de agosto ao 9 de setembro de 2022, ambos inclusive.
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/08/25/2022_0000005198.pdf
A documentación poderán presentala a través da sede electrónica do Concello da Coruña con destino ao servizo municipal de Deportes, ou por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
O enlace á sede electrónica do Concello da Coruña é nesta Convocatoria extraord. subvenciones para entidades deportivas .
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible