Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Monitorización enerxética mediante as TIC dos barrios da cidade

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Monitorización enerxética mediante as TIC dos barrios da cidade (A20)

Obxectivo temático: Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación. (OT2)

Orzamento: 387.417,80 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Terminada

Contratista: UTE Aforra Enerxía

DESCRICIÓN

O Concello da Coruña impulsa a caracterización enerxética do parque de edificios residenciais e vivendas do municipio da Coruña, como ferramenta para o coñecemento da situación actual da demanda enerxética, e para impulsar os procesos de rehabilitación enerxética que permitan mellorar a calidade de vida e a comodidade dos residentes.

Entre os seus obxectivos está o de fomentar os procesos de rexeneración urbana e apoderamento fronte á enerxía identificando dentro o parque residencial do municipio aqueles edificios máis sensibles e necesitados de melloras enerxéticas, axudando os seus propietarios ou inquilinos a participar activamente nun cambio de modelo enerxético.

Para iso preténdese realizar unha caracterización enerxética de diferentes edificios distribuídos entre os dez distritos da cidade da Coruña, xerando o perfil enerxético dun grupo significativo de vivendas e implantando un sistema de monitorización e vixilancia enerxética que permita seguir ao longo do tempo o grao de comodidade interior, así como o impacto da enerxía nas familias e na contorna.

Estes traballos deben servirlle ao municipio para desenvolver estratexias de aforro e eficiencia que impulsen un modelo enerxético máis sostible buscando a máxima comodidade dos seus cidadáns co menor custo enerxético posible.

O proxecto divídese en dúas fases:

Fase 1: mapeado enerxético da cidade

Esta fase está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e concrétase nos seguintes puntos:

  • Caracterización enerxética de 60 edificios. Realizarase un informe xeral que recolla a información relevante do conxunto de todos os edificios, reflectindo para cada un deles a súa situación enerxética actual incluíndo a demanda actual e un inventario dos equipamentos comúns e individuais.
  • Xeración de perfil enerxético 600 de vivendas. Estudaranse os consumos enerxéticos dos fogares, analizando os últimos 24 meses, xerando unha simulación enerxética de consumo a 24 meses. Do mesmo xeito detectaranse situacións de mellora na contratación enerxética avaliando as posibles accións de mellora e o grao de aforro enerxético e/ou económico.
  • Monitorización enerxética de 240 vivendas. De entre as 600 vivendas das que se xere o perfil enerxético, serán seleccionadas 240 nas que se realizase a súa monitorización enerxética, co obxectivo completar a información sobre o comportamento enerxético e da comodidade interior (temperatura e humidade) destas vivendas.

A monitorización realízase con equipos de reducida dimensión instalados en contadores e nunha ou dúas das estancias principais da vivenda. Os equipos son enerxeticamente autónomos e transmitirán a información a través dunha rede de datos propia, polo que o seu funcionamento non supón consumos enerxéticos nin de datos das vivendas monitoradas.

Fase 2: monitorización de actuacións

  • Monitorización enerxética de actuacións rehabilitación edificatoria: Realizarase unha avaliación do grao de mellora das condicións de comodidade interior e de redución da demanda enerxética dos edificios e vivendas tras a intervención rehabilitadora, mediante o control dos mesmos subministracións e situacións que na fase 1.

Contacto

Para calquera dúbida ou consulta, pode escribir ao correo electrónico aforraenerxia@coruna.gal ou chamar ao número de teléfono 604.047.337 (de luns a venres, en horario de 09.00 a 18.00 horas).

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Folleto informativo descargable

Encontros informativos

Aforro enerxético

Páxina web do proxecto Aforra Enerxía

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión