Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Sistema de reserva de entradas en liña e control de capacidade

Enderezo:

on-line.

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Desenvolvemento de ferramentas TIC para a mobilidade especifica de turistas e visitantes (LA10)

Obxectivo temático: Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación. (OT2)

Orzamento: 105.270 €

Financiamento FEDER: 80 %

Estado: Terminada

Prazo execución: 15 meses

Contratista: Balidea Consulting & Programing S.L.

DESCRICIÓN

Entre os servizos dixitais máis solicitados polos turistas que visitan a nosa cidade, está o de poder realizar unha planificación da visita, e máis concretamente, a reserva e pagamento de entradas en liña aos diferentes museos situados no termo municipal. Esta necesidade converteuse nunha prioridade coa aparición da COVID-19, que obrigou a poboación a cumprir unha serie de medidas para garantir as distancias de seguridade, e ás administracións para dotarse de ferramentas dixitais para facilitar o seu cumprimento.

Actualmente, a rede de museos municipais (MC2) e a Torre de Hércules, dispoñen de sistemas heteroxéneos de control de capacidade e venda presencial. Ademais, con motivo da pandemia, implantouse de urxencia unha ferramenta baseada en software libre para permitir a reserva de entradas en liña.

Deséxase evolucionar e ampliar o sistema actual cun conxunto de funcionalidades que permitan, entre outras cuestións, o control de capacidade e o pagamento en liña de entradas. Para dar resposta a estes retos, exponse a contratación dos seguintes elementos:

  • Integración con pasarelas de pagamento que permita á cidadanía/turistas realizar a reserva e pagamento en  liña con tarxetas de crédito/débito de calquera entidade bancaria, facilitando a planificación da viaxe e evitando a aglomeración de colas en portelo.
  • Interconexión cos tornos de control de acceso que permitan controlar en tempo real o número de persoas que se atopen dentro do recinto.
  • Software para a venda de entradas "in situ" para aqueles visitantes que acudan sen pase de acceso ao recinto.
  • Interface de administración/xestión. Módulo de Backoffice e cadro de mandos.
  • Despregamento en nube pública que garanta alta dispoñibilidade e escalabilidade para xestionar aproximadamente 600.000 accesos anuais.
  • Formación dos usuarios no uso e administración dos diferentes módulos da ferramenta.
  • Soporte e mantemento durante polo menos un período dun ano

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Entradas para a Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.

Entradas para a Torre de Hércules

Entradas para o Castelo de San Antón

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión