Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
É obxecto desta convocatoria outorgar axudas económicas en réxime de concorrencia non competitiva, cuxa finalidade é o financiamento dos gastos de mantemento e conservación dos taxis adaptados en que incorresen entre o 1 de xaneiro e a data de publicación da convocatoria no BOP, aos titulares dun taxi adaptado para o transporte de persoas con mobilidade reducida por discapacidade que teñan licenza de taxista no municipio da Coruña..
2020 Subvencións para o mantemento de taxis adaptados a persoas con discapacidade
Inscricións:
Dende o 22/10/2020 ata o 11/11/2020
Sobre o procedemento
A quen vai dirixido?:
Persoas físicas e xurídicas que desexen solicitar a subvención e cumpran os requisitos das Bases.
Requisitos:
Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións as persoas físicas, as xurídicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, que aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e sexan titulares dunha licenza de autotaxi adaptadopara o transporte de clientes con mobilidade reducida ou discapacidade concedidas polo concello da Coruña e desenvolvesen a súa actividade durante o ano.
Prezo / Custo:
Ningún
Órgano que resolve:
Titular da Concellaría Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación
Máis información:
O pago da subvención concedida realizarase previa xustificación pola persoa beneficiaria da realización da/s actividades ou proxecto/s para o que se concedeu a subvención nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención.
Contía total: 18.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 51.231.479.01
O importe global de 18.000, 00 € dividirase en partes iguais entre todos os solicitantes que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria ata esgotar o crédito total sen que poida superarse a cantidade consignada anualmente polo Concello para esta finalidade, incluídos, no seu caso, os suplementos procedentes de modificacións orzamentarias, sen que a contía concedida a cada unha delas individualmente supere o importe xustificado coas facturas.
No caso de que a cantidade asignada mediante esta repartición a un ou varios beneficiarios exceda o límite subvencionable en cada un dos beneficiarios, os importes restantes volverase dividir a partes iguais entre os restantes beneficiarios ata esgotar o crédito orzamentario.
Declaración responsable de non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición a que se refire o artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.
Certificación dos datos bancarios do solicitante, con correspondencia exacta cos datos achegados polo interesado no que respecta ao nome ou denominación social, CIF ou NIF e o número de conta bancaria (en formato IBAN).
Cargos representativos e domicilio social: No seu caso, certificación acreditativa dos cargos representativos, finalidade e do domicilio social da entidade.
Licencia taxista: Copia comparada da licenza de taxista.
Acreditación gastos subvencionables: Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, así como os documentos acreditativos do pago, dos gastos subvencionables correspondentes ao vehículo adaptado nos termos e cos requisitos establecidos nesta convocatoria.
Outras subvencións: Certificación das subvencións solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade ou proxecto, ou actuación, obxecto da solicitude de subvención, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
Cubrir o impreso de solicitude e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.
Como se fai?:
Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude, que tamén poderá descargalas desde esta páxina.
Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible