Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Mediante este trámite presentaranse as solicitudes de inscrición nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2024-2025 (BOP Nº 61 - Martes, 26 de marzo de 2024) e convocatorias extraordinarias adicionais
Admisión nas Escolas Infantís Municipais
Inscricións:
Dende o 10/12/2024 ata o 16/12/2024
Sobre o procedemento
A quen vai dirixido?:
Unidades familiares con fillas ou fillos en idade de se inscribir nas Escolas Infantís Municipais por primeira vez.
Máis información:
RELACIÓN PRAZAS VACANTES NA REIM - CONVOCATORIA DECEMBRO
Preinscrición en liña: xustificante de preinscrición en liña, asinado polas dúas persoas proxenitoras (dispoñible nesta ligazón)
DNI: copia do DNI das persoas proxenitoras
Libro de familia: Libro de familia ou documento que o substitúa
Certificado médico, en caso de non nacer o/a menor para quen se solicita a praza, indicando a posible data prevista para o seu nacemento. Nestes casos a condición de nado/nada deberá acreditarse no momento de realizar a matrícula na escola asignada.
Separación ou divorcio: sentenza ou documentación acreditativa conforme o/a menor está a cargo da persoa solicitante ou ben goza de custodia compartida.
Menores empadroados/as fóra do concello da Coruña: presentarase o certificado de padrón onde se acredite que o/a menor reside con algunha das súas persoas proxenitoras.
Residentes doutros concellos que traballen no concello da Coruña, deben acreditar un certificado de empresa no que conste que a persoa traballa nun centro con domicilio na Coruña.
PREFERENTE
Fillas/os do persoal empregado da escola: certificado do centro educativo
Irmás ou irmáns de alumnas/os xa matriculadas/os para o curso 2024-2025: certificado da escola que o acredite
Para menores que se atopen nun contexto sociofamiliar de risco social e requiran unha intervención inmediata: informe técnico do sistema de servizos sociais
Para menores tutelados/as ou en situación de garda por parte da Administración autonómica: resolución administrativa da situación de garda/tutela expedida polo órgano competente da Administración autonómica.
Para fillos e fillas de mulleres que estean en centros de acollida ou sexan vítimas de violencia de xénero: a documentación acreditativa de unidades familiares vítimas de violencia de xénero, segundo o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
BAREMACIÓN
Familias monoparentais: certificado ou informe expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Discapacidade: certificado expedido por órgano competente, se é o caso, do grao de discapacidade do/da menor ou de calquera das persoas proxenitoras que formen parte da unidade familiar
Necesidades educativas especiais: en caso de alumnado con necesidades educativas especiais, acreditación de tal circunstancia
Situación laboral: documentación xustificativa da situación laboral das persoas proxenitoras ou titoras mediante informe de vida laboral actualizado. En caso de traballadores/as por conta propia, recibo de pagamento da cota á Seguridade Social, ou da mutualidade do mes anterior ao período de solicitude.
Imposiblidade de atención: xustificación acreditativa da imposibilidade das persoas proxenitoras para atender o neno ou nena
Titulo de familia numerosa: título acreditativo da condición de familia numerosa expedido pola consellaría competente da Administración autonómica
Cubrir o impreso xeral de solicitude e demais documentación que proceda segundo o disposto no apartado de Documentaciónnecesaria e, en todo caso, deberá achegar inexcusablemente o xustificante de preinscrición en liña asinado polas persoas proxenitoras obtido en coruna.gal/educacion.
Como se fai?:
De forma presencial no Rexistro Xeral, mediante cita previa que poderá solicitar na ligazón. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
Nos demais supostos recollidos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Unha vez que se cubra a solicitude telemática, debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo está especificado no apartado "Documentación necesaria" e entre os que deberá figurar inexcusablemente o xustificante de preinscrición en liña asinado polas persoas proxenitoras obtido en coruna.gal/educacion.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Como se fai?:
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo o caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos as e os notarios e as e os rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible