Concello da Coruña

Concello da Coruña

AAODPPVFC

Autorización da ocupación do dominio público para a venda ambulante. Festas do Entroido

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Dominio Público

Materia:

Sector público, Comercio

Vixente:

Si

Outorgamento de autorizacións de aproveitamento e ocupación de dominio público, en réxime de concorrencia, para a venda ambulante nos Xardíns de Méndez Núñez e na praza de España durante as festas do Entroido (anos 2023, 2024, 2025 e prorrogable a 2026)

Autorización da ocupación do dominio público para a venda ambulante. Festas de Entroido.

Inscricións:

Dende o 27/01/2023 ata o 16/02/2023

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas e xurídicas

Requisitos:

  • Estar dado de alta no epígrafe correspondente do Imposto de Actividades Económicas e estar ao corrente do pago da tarifa ou, en caso de estar exentos, estar dado de alta no censo de obrigados tributarios.
  • Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ao corrente no pago das cotizacións en tal réxime.
  • Satisfacer as taxas e os tributos fixados na correspondente ordenanza municipal.
  • Dispoñer dos permisos de residencia e traballo que, en cada caso, fosen esixibles, se se tratase de persoas estranxeiras.
  • Cumprir as condicións e requisitos esixidos pola normativa reguladora dos produtos que sexan obxecto de venda.
  • Estar en posesión, de ser o caso, do certificado acreditativo de recibir formación en materia de manipulación de alimentos.
  • As persoas xurídicas deberán acreditar os seguintes extremos: o CIF, acta de constitución, estatutos e escritura de poder outorgada á persoa que asina a solicitude de autorización en representación da empresa.
  • Dispoñer de seguro de responsabilidade civil que cubra a actividade.
  • Dispoñer, no caso de que se realicen conexións eléctricas, dun certificado de instalación eléctrica expedido pola Consellería competente en materia de Industria, así como xustificante da súa presentación na distribuidora eléctrica e o pago efectuado nela.
  • Dispoñer, nos casos en que sexa preciso, certificado de resistencia ao lume ou de ignifugación, dos materiais susceptibles de combustión que formen parte do carriño-caseta así como acreditar a existencia dun extintor de 6 kg de po polivalente de eficacia 21A-113B (achegando o certificado de revisión dos extintores).
  • En relación ás churrerías ou postos portátiles ou vehículos de venda de produtos quentes, a persoa solicitante, xunto coa solicitude, achegará:
    • En caso de utilizar un vehículo: certificado técnico do fabricante e permiso de circulación e ITV correspondente.
    • En caso de utilizar un remolque: certificado electrotécnico de baixa tensión (boletín). A instalación eléctrica do remolque deberá ser realizada por instalador autorizado. Non se permitirán instalacións alimentadas con gas. No suposto de non ser posible a conexión á rede eléctrica, o vehículo dispoñerá de grupo electróxeno.
    • Certificado de revisión de extintores (mínimo un extintor portátil de Po Polivalente21A/144B).

Prezo / Custo:

Suxeito a taxa.

Tras a adxudicación, o concesionario terá que aboar a taxa correspondente de acordo coa Ordenanza aplicable: núm. 31.

Órgano que resolve:

Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Máis información:

A renuncia ao posto adxudicado suporá a exclusión automática das ofertas do solicitante presentadas ao resto de postos aos que concorra.

A renuncia ao posto adxudicado poderá dar lugar a:

  • Unha indemnización ao concello polo importe ofrecido para a tempada.
  • A inadmisión do solicitante ou da empresa á que represente na seguinte convocatoria.

Outra información que o concello considere de interese para a cidadanía

Prohíbense as prácticas calificables como colusorias, consistentes en que unha mesma persoa presente unha proposición a título individual ou participando á vez en diferentes sociedades ou entes sen personalidade xurídica, coa intención clara de controlar e monopolizar o postos obxecto de licitación, reservándose en tal caso o concello a facultade de excluír as ofertas nas que se aprecie a súa existencia, logo da previa audiencia aos licitadores sospeitosos de tal conduta.

Presentación

Prazo de presentación:

Órgano xestor:

  • Servizo de Concesións e Patrimonio Municipal (teléfono 981 184 200, extensión 10085)

15 días hábles desde a publicación no BOP  (do 27 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2023)

Documentación necesaria:

A recollida nos pregos que rexen esta convocatoria.

O "Arquivo A/Sobre A: Declaración responsable":

  • Persoas xurídicas: presentación telemática obrigatoria segundo formato descargable da Sede Electrónica (ANEXOS I e ANEXO III do Prego de cláusulas administrativas).
  • Persoas físicas: presentación telemática ou presencial

O "Arquivo B/Sobre B: Oferta económica":

  • Presencial - para todos os participantes (persoas físicas e xurídicas). O documento recollido como ANEXO II ao Prego de prescricións técnicas, tamén descargable desde a Sede Electrónica.

Documentos relacionados

  • Nota aclaratoria planos localización venda ambulante festas de Entroido (121 KB)
  • Planos localización venda ambulante festas do Entroido (554 KB)
  • declaración responsable de no estar incurso en prohibición de contratar. (58 KB)
  • Proposición económica. Festas de entroido. Anexo II (98 KB)
  • Declaración responsable para persoas físicas e xurídicas entroido. Anexo I (83 KB)
  • PCAP castelán (1023 KB)
  • PCAP galego (946 KB)
  • PPT castelán (385 KB)
  • PPT galego (368 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Obrigatoriamente, o ANEXO II coa proposición económica debe presentarse en modo presencial nun Rexistro Xeral. Os Anexos I e III poderán presentarse en modo presencial se se trata de persoas físicas; no caso de persoas xurídicas deberán presentarse de modo telemático, como se establece no apartado DOCUMENTACIÓN NECESARIA.

Como se fai?:

Nas oficinas de rexistro municipais, así como nos rexistros doutras administracións públicas. Solicitando cita previa para a dependencia municipal na que vaia efectuar a presentación.

Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (á que se accede presionando no botón TRAMITAR EN LIÑA da parte superior desta pantalla), debe ter preparados no seu equipo para ser achegados: os ficheiros necesarios, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria". (ANEXO I e ANEXO III)

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer do programa Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede Electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede Electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1982

Lembre ter toda a documentación necesaria preparada para inserir.

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

2 meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo
  • Reclamación económico-administrativa (de ser o caso)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión