AMEEA
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación
Si
Ten por obxecto a convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva para mellorar a eficiencia enerxética e ao accesibilidade en edificios, e outras de conservación en edificios de vivendas cunha antigüidade maior a 50 anos, a través das seguintes actuacións:
Serán subvencionables os seguintes tipos de obra:
Axudas para a conservacion, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas
Dende o 10/02/2023 ata o 10/04/2023
As Comunidades de Propietarios e cada un dos propietarios en proporción á súa cota de participación no inmoble nas obras sobre os elementos comúns do edificio.
O propietario ou o ocupante con autorización deste, nas obras en vivendas.
Os promotores, no caso de rehabilitación integral dun edificio non ocupado cando se destine ao seu domicilio habitual, a entidades benéficas sen fins de lucro, ou a vivendas cualificadas como vivenda protexida de réxime xeral destinada a alugueiro protexido.
Achegar a documentación requirida
Ningún
A Xunta de Goberno Local, ou o Concelleiro delegado da área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade cando a subvención teña un importe de ata sesenta mil euros (60.000,00 €).
Contía das subvencións:
O importe máximo das axudas establecerase segundo o indicado no artigo 8º da Ordenanza Municipal Reguladora.
Custo subvencionable
O custo subvencionable é o custo das obras, que non poderá superar os custos medios de mercado. Incluirán tamén os honorarios profesionais técnicos e administrativos que interveñan. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos taxas e tributos.
Criterios de valoración das solicitudes
Para as solicitudes referidas a obras de mellora de eficiencia enerxética:
Clasificaranse en primeiro lugar as actuacións sobre elementos comúns de edificios de vivendas que inclúan sistemas de monitoraxe de consumos enerxéticos e condicións ambientais do inmoble que permita avaliar a eficacia do investimento, mediante a remisión dos datos obtidos a unha plataforma municipal para a súa xestión:
O cálculo da redución realizarase mediante comparación da demanda enerxética anual global que se estableza nos certificados de eficiencia enerxética que deben achegarse coa solicitude. Para iso, o certificado de proxecto debe avaliar inequivocamente a obra para a que se solicite a axuda, pois en caso contrario á solicitude asignaránselle 0 puntos.
Para as solicitudes referidas a obras de accesibilidade en elementos comúns en edificios de vivenda colectiva:
Para a clasificación das solicitudes teranse en conta unicamente as persoas cuxo recoñecemento de condición de discapacidade ou acreditación de redución de mobilidade e/ou idade, segundo corresponda, figure entre a documentación achegada inicialmente segundo o establecido nos apartados 7.3 e 7.4.
Para as solicitudes referidas a obras de accesibilidade no interior de vivendas:
Para a clasificación das solicitudes teranse en conta unicamente as persoas cuxo recoñecemento de condición de discapacidade ou acreditación de redución de mobilidade e/ou idade, segundo corresponda, figure entre a documentación achegada inicialmente segundo o establecido nos apartados 7.3 e 7.4.
Para as solicitudes referidas a obras de conservación (epígrafe 2.3):
Nota
No caso de empate entre dúas solicitudes nos dous subcriterios definidos en cada epígrafe do presente artigo, concederase a subvención en primeiro lugar á que antes presentase a documentación completa
Normativas relacionadas
O prazo de presentación de solicitudes será de 2 meses a contar desde o día seguinte á publicación no BOP (do 10/02/2023 ao 10/04/2023). Prema aquí para ver na ligazón a publicación no BOP.
Documentación xeral:
Documentación xeral técnica:
Documentación a presentar no caso de obras de accesibilidade en elementos comúns:
Documentación a presentar no caso de obras en vivendas independentes:
Documentación a presentar no caso de solicitar axudas adicionais (art. 8.3 Ordenanza municipal reguladora):
Documentación para a xustificación de obras e abono da subvención no caso de obras executadas no momento da solicitude:
Documentos relacionados
No caso de que a solicitude se tramite de maneira presencial, deberase presentar obrigatoriamente a Instancia de Solicitude (Modelo 01), a Declaración responsable e autorización de consulta de datos (Modelo 02), a Declaración responsable e consulta de datos de persoas integrantes da Comunidade de Propietarios (Modelo 03) e a Declaración responsable dos membros da unidade familiar (Modelo 04). O Modelo 05 (Xustificación da execución da obra) só se presentará xunto coa solicitude se xa está finalizada a obra nese momento.
Aqueles suxeitos que non se atopen obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, deberán presentar a documentación no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de1 de outubro (ver apartado "Onde se fai")
No que caso de que a solicitude se tramite electronicamente, deberase cubrir a información do formulario web ao que se accede premendo no botón ENVIAR da lapela PRESENTACIÓN. Non será necesario achegar á solicitude os Modelos 01 (Instancia de solicitude) e Modelo 02 (Declaración responsable e autorización de consulta de datos), pois o seu contido xa está recollido no formulario web.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1242
Se vostede xa presentou prevismente unha solicitude e desexa achegar nova documentación, non o faga a través deste trámite senón a través do procedemento Emenda Axudas para a conservación, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas
O prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de 6 meses que se contarán desde o día seguinte a que finalice o prazo para presentar as solicitudes.
Desestimatorio
Corrección
Durante a tramitación interna das peticións poderase solicitar a presentación de documentacion que non fose entregada coa solicitude inicial, e que se deberá achegar utilizando o trámite da Sede Emenda Axudas para a conservación, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas
Xustificación
No seu momento haberá que xustificar o gasto efectivamente realizado. Esta xustificación realizarase a través deste trámite da sede Xustificación execución obras Axudas para a conservacion, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas
Recursos
Contra a resolución que se dite, poderase interpoñer:
- Recurso potestativo de reposición
- Recurso contencioso-administrativo
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible