Concello da Coruña

Concello da Coruña

BDEPOIND

Bolsas deportivas para deportistas individuais.

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Deporte

Vixente:

No

Convocatoria específica de axudas en réxime de concorrencia competitiva de bolsas deportivas para deportistas individuais do concello da Coruña.

O Concello da Coruña, dentro das súas competencias de promoción do Deporte, e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas individuais para poder levar a cabo os seus adestramentos e competicións, polo elevado custo que supoñen os desprazamentos, licenzas federativas, equipamentos etc, considera necesario aprobar unha liña de axudas a deportistas individuais que teñan o carácter de bolsas. En concreto, estas bolsas convócanse para apoiar a deportistas individuais coruñeses e coruñesas, como medio de apoiar e promover o deporte coruñés e, desta forma, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña. Con estas bolsas preténdense apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel.

Bolsas deportivas para deportistas individuais 2020

Inscricións:

Dende o 04/07/2020 ata o 23/07/2020

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas que desexen ser beneficiarios dalgunha modalidade de bolsa deportiva para deportistas individuais.

Requisitos:

  • Poderán ser beneficiarios das bolsas as persoas físicas de nacionalidade española que sexan deportistas federados, de calquera categoría, exclusivamente na modalidade de deporte individual, empadroados no Concello da Coruña cunha antigüidade de polo menos 2 anos anteriores ao ano en que se realice a solicitude

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Deportes.

Presentación

Prazo de presentación:

4 a 23 de xullo de 2020.

* Prazo de xustificación ata o 31 de xaneiro de 2021 a través do seguinte procedemento.

Documentación necesaria:

  • Solicitude.
  • Solicitude específica debidamente cuberta
  • Licenza federativa vixente: Copia compulsada da licenza federativa vixente expedida pola Federación Deportiva correspondente acreditativa da modalidade deportiva para a que solicita subvención.
  • Certificado resultados deportivos: Certificado federativo acreditativo dos resultados deportivos obtidos durante o ano 2019
  • Certificado non cumprimento sanciones: Certificado acreditativo da Federación deportiva correspondente no que se acredite que o solicitante non está a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave
  • Proxecto deportivo: Proxecto deportivo para a tempada 2020
  • Empadroamento: Certificado de empadroamento
  • DNI: DNI da persoa deportista, ou do seu representante legal, en caso de ser menor de idade.
  • Certificación bancaria: Certificación dos datos bancarios de/ao beneficiario/a de a subvención (orixinal expedido pola entidade bancaria)
  • Certificado Seguridade Social: Certificado de non débedas coa Seguridade Social
  • Certificado Axencia Tributaria: Certificado de non débedas coa Axencia Tributaria
  • Certificado Tesourería Municipal: Certificado de non débedas coa Tesourería Municipal

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Consultar o apartado anterior: "Documentación necesaria".

Internet

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses, a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O período utilizado para a corrección de deficiencias e/ou a presentación de documentos interromperá o citado prazo.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión