Concello da Coruña

Concello da Coruña

BDEPOIND

Bolsas deportivas para deportistas individuais.

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Deporte

Vixente:

No

Convocatoria específica de axudas en réxime de concorrencia competitiva de bolsas deportivas para deportistas individuais do concello da Coruña.

O Concello da Coruña, dentro das súas competencias de promoción do Deporte, e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas individuais para poder levar a cabo os seus adestramentos e competicións, polo elevado custo que supoñen os desprazamentos, licenzas federativas, equipamentos etc, considera necesario aprobar unha liña de axudas a deportistas individuais que teñan o carácter de bolsas. En concreto, estas bolsas convócanse para apoiar a deportistas individuais coruñeses e coruñesas, como medio de apoiar e promover o deporte coruñés e, desta forma, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña. Con estas bolsas preténdense apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel.

Bolsas deportivas para deportistas individuais 2022

Inscricións:

Dende o 10/02/2022 ata o 02/03/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Poderán ser beneficiarios das bolsas as persoas físicas de nacionalidade española que sexan deportistas federados, de calquera categoría, exclusivamente na modalidade de deporte individual.

(Para os efectos desta convocatoria considérase deporte de carácter individual todo aquel deporte que, en función da súa regulamentación, sexa practicado por un ou dous deportistas como máximo.)

Requisitos:

• Estar empadroado no Concello da Coruña cunha antigüidade de polo menos 2 anos anteriores, computados de forma consecutiva, ao ano en que se realice a solicitude.

• Estar en posesión dunha licenza federativa durante as dúas tempadas anteriores a esta convocatoria e que siga vixente para o ano 2022 expedida pola Federación deportiva que corresponda.

• Acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, nos dous anos anteriores á solicitude, e ter proxección de futuro.

• Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello e a Seguridade Social.

• Non estar a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.

• Non estar incurso en causa de exclusión ou prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións (art. 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, de Subvencións).

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Deportes.

Máis información:

Tipos de bolsas deportivas:

1) Bolsas destinadas a participar en Campionatos do Mundo: 10 bolsas cun importe de 3.500,00 euros cada unha.

2) Bolsas destinadas a participar en Campionatos de Europa: 10 bolsas cun importe de 2.500,00 euros cada unha.

3) Bolsas destinadas a participar en Campionatos de España: 25 bolsas cun importe de 1.500,00 euros cada unha.

4) Bolsas destinadas a participar en Campionatos Autonómicos: 45 bolsas cun importe de 500,00 euros cada unha.

O importe global das axudas obxecto da presente convocatoria é de CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00 €)

Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, de acordo co establecido na Base 6.1, indicando de modo claro o tipo de bolsa e a modalidade deportiva para a que solicita dita axuda. Por tanto, só poderá solicitarse e concederse unha única bolsa por persoa.

Presentación

Prazo de presentación:

As solicitudes de subvención deberanse presentar no modelo oficial establecido que se adxunta a esta convocatoria, na Sede electrónica ou no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo de Deportes no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Tamén poderán presentarse por calquera dos medios regulados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A documentación xustificativa da bolsa deportiva deberá presentarse ante o Concello da Coruña, Concellaría de Deportes, unha vez alcanzados os obxectivos anuais establecidos no proxecto, e en todo caso, antes do 31 de xaneiro de 2023.

Documentación necesaria:

  • Solicitude específica debidamente cuberta
  • Licenza federativa vixente: copia compulsada da licenza federativa vixente expedida pola Federación Deportiva correspondente acreditativa da modalidade deportiva para a que solicita subvención, así como das licenzas federativas das dúas tempadas anteriores.
  • Certificado resultados deportivos: certificado federativo acreditativo dos resultados deportivos obtidos durante o ano 2022 así como nos dous anos anteriores.
  • Certificado non cumprimento sanciones: Certificado acreditativo da Federación deportiva correspondente no que se acredite que o solicitante non está a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
  • Proxecto deportivo: proxecto deportivo para a tempada 2022, con mención expresa e obrigatoria das probas, campionatos e fases clasificatorias nas que a persoa deportista ten previsto participar durante o ano 2022. O proxecto deportivo deberá incluír ademais un plan completo de adestramentos.
  • Declaración responsable das subvencións ou bolsas solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional
  • Declaración responsable de non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de persoa beneficiaria a que se refire o artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.
  • Compromiso de levar no seu uniforme, material e/ou equipamento deportivo o logotipo do Concello da Coruña, nun lugar visible e de tamaño polo menos equivalente ao logotipo dos seus principais patrocinadores, así como, no caso de dispoñer de páxina web ou redes sociais, conste que o deportista recibe unha axuda municipal e colocando o logotipo municipal, facendo mención de que a persoa deportista ten unha bolsa do Concello da Coruña.
  • Empadroamento: certificado de empadroamento.
  • DNI: DNI da persoa deportista, ou do seu representante legal, en caso de ser menor de idade.
  • Certificación bancaria: certificación dos datos bancarios de/ao beneficiario/a de a subvención (orixinal expedido pola entidade bancaria)
  • Certificado Seguridade Social: certificado de non ter débedas coa Seguridade Social
  • Certificado Axencia Tributaria: certificado de non débedas coa Axencia Tributaria
  • Certificado Tesourería Municipal: certificado de non ter débedas coa Tesourería Municipal
  • Os demais contemplados na Ordenanza Xeral de Subvencións da área de Benestar do Concello da Coruña e na Lei Xeral de Subvencións

Documentos relacionados

  • 2022_Solicitude bolsas deportistas individuais (580 KB)
  • 2022_Xustificación bolsas deportistas individuais (860 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Consultar o apartado: "Documentación necesaria".

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.

Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a suvbención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1142

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses, a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O período utilizado para a corrección de deficiencias e/ou a presentación de documentos interromperá o citado prazo.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

O prazo de presentación de correccións será de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación.

En caso de optar pola corrección telemática, deberá facerse mediante o trámite de Achega de documentación dispoñible nesta sede.

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión