BTX
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Transporte, Sociedade e benestar
Si
Tramitación de axudas económicas, de carácter individual, para persoas cunha discapacidade que lle afecte gravemente á súa mobilidade e esta lle impida utilizar os transportes públicos colectivos, coa finalidade de proporcionarlles un servizo alternativo de taxi para os seus desprazamentos.
Bono Taxi convocatoria 2024
Dende o 22/12/2023 ata o 22/01/2024
Persoas cunha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos coa finalidade de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos.
Poderán acceder á condición de persoa beneficiaria das subvencións as persoas con discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia, ou Administración competente, que afecte gravemente á mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos. Esta condición debe quedar acreditada no documento administrativo que certifique a discapacidade.
As persoas beneficiarias, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións deberán cumprir os seguintes requisitos:
Ningún
Titular da Concellaría de Benestar Social
O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria específica é de cento cincuenta e seis mil euros (125.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 51.231.480.06.
O importe global dividirase a partes iguais entre todas as persoas solicitantes que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria sen que a contía concedida a cada unha delas individualmente supere o importe de 1.000,00 €, incluídos, no seu caso, os suplementos procedentes de modificacións orzamentaria.
Normativas relacionadas
De 22 de decembro de 2023 ao 22 de xaneiro de 2024, ambos incluídos (22.12.2023 a 22.01.2024).
A solicitude de subvención presentarase no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP nº 242 de 21 de decembro de 2023). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación da dita convocatoria. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencimiento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo termina o último día do mes.
Solicitude:
Modelo normalizado de solicitude dispoñible nesta sede electrónica (modelo 124) de enchemento obrigatorio.
Consideraranse persoas membros computables da unidade de convivencia os seguintes:
En caso de persoas solicitantes menores de idade, a unidade de convivencia a considerar será a formada polos seus proxenitores ou titores e as restantes fillas e fillos menores de 18 anos, ou maiores desa idade incapacitados xudicialmente, que convivan no domicilio.
No caso de non autorizarse expresamente a consulta a algún dos apartados contemplados na solicitude específica (modelo normalizado 124) as persoas solicitantes deberán presentar a documentación (certificado, declaración ou outro documento acreditativo válido) que acredite o cumprimento do requisito correspondente:
En relación coa persoa solicitante:
En relación con todas as persoas pertencentes á unidade de convivencia:
Documentos relacionados
Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro
Solicitando cita previa, á que deberá acudir achegando a documentación solicitada, que lle será de volta despois de ser escaneada.
e-DNI ou certificado electrónico
Deberá cubrir o formulario web de tramitación e incorporar o modelo 124 debidamente cuberto, e a documentación solicitada no caso de non autorizar expresamente ao concello para a consulta de datos doutras administracións, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1282
O prazo máximo de resolución e notificación da concesión das subvencións é de seis meses, contados a partir da data de publicación da convocatoria.
Sentido do silencio desestimatorio.
Os bonos-taxis serán entregados en soporte papel, polo importe total da axuda concedida, e con importes de 0,50 €, 1,00 € e 3,00 €.
Poderán utilizarse desde o momento da entrega ata o 31 de decembro de 2024.
As axudas para transporte en taxi son persoais e intransferibles. Para favorecer o control das axudas:
- As persoas beneficiarias deberán facer constar a súa sinatura no bono-taxi.
- Os bonos-taxis serán entregados pola persoa beneficiaria da axuda á persoa titular do taxi, debendo ademais exhibir o seu documento oficial de identificación.
A persoa beneficiaria da axuda deberá aboar o importe restante ata a totalidade servizo, resultante da diferenza entre o valor dos bonos utilizados e o importe total facturado
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible