Concello da Coruña

Concello da Coruña

Contornas escolares seguros

escolar

Mellorar a seguridade dos escolares e peonalizar as zonas próximas ás entradas dos colexios é o obxecto da licitación do proxecto de melloras de seguridade e accesibilidade en itinerarios escolares.

É un proxecto Eidus financiado con fondos FEDER, que xa está en fase de adxudicación.

Este proxecto contou coa colaboración de Stop Accidentes a través do proxecto ANCAS (Asociación Nenos Camiñantes por un ambiente sustentable e seguro).

No barrio de Monte Alto na contorna do Colexio de educación infantil, Víctor López Seoane realizáronse obras de repavimentación para a construción dunha rúa de plataforma única ata cubrir a fronte do colexio co seu acceso.

Esta mellora da seguridade foi posible grazas á carta que unha nena de 10 anos enviou á Alcaldesa da cidade. A nena colaborou cos técnicos municipais para detectar os problemas existentes e propoñendo solucións para emendalas.

A rúa da entrada ao Instituto de Ensino Secundario de Zalaeta peonalizouse. Son 835 m que se gañaron aos coches e que permiten aos alumnos e paseantes gozar dun espazo seguro e agradable.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión