Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Declaración de alta, baixa ou variación na taxa de recollida de lixo industrial e vaos
En que consiste?:
Declaración de Alta, Baixa ou Variación no censo da taxa por recollida e tratamento de residuos en actividades económicas (Lixos Industriais). É obrigatoria a presentación da declaración de Alta na taxa de lixos en locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais ou artísticas, de acordo co establecido no artigo 2 da Ordenanza fiscal nº 6.
Importante: Os lixos de domicilios xestiónanse a través do recibo da Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A., pode obter información sobre tarifas, altas e baixas de subministración, cambios de titularidade e demais xestións na web de EMALCSA.
Declaración de Alta, Baixa ou Variación no censo da taxa por entrada de vehículos. É obrigatoria a declaración de alta cando exista utilización privativa ou aproveitamento como entrada de vehículosen inmobles de calquera destino, realizada a través de terreos destinados ao uso público.
A quen vai dirixido?:
Persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que ocupen ou utilicen os locais ou establecementos situados nos lugares ou vías públicas en que se preste o servizo de recollida e tratamento xa sexa a título de propietario ou arrendatario.
No caso dos vaos, o solicitante da licenza correspondente ou se o aproveitamento se realizase sen obter licenza, o propietario do inmoble ou da empresa que utilice a entrada ou reserva.
Organismo responsable:
Ayuntamiento
Enderezo:
Rúa Franja 20. 15001 A Coruña
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Impreso de solicitude que se adxunta na información relacionada.
No caso de persoas xurídicas debe acreditar a representación (poder notarial ou orixinal de escritura da sociedade onde conste a debida representación).
No caso de persoas físicas que actúen mediante representante poder notarial ou autorización asinada por representante e representado e copia do NIF do representado.
Orixinal do documento acreditativo do alta, baixa ou variación no censo de Actividades Económicas.
No caso dos vaos, resolución da licenza que autorice o aproveitamento.
Como se fai?:
De forma presencial no Rexistro Xeral. Enderezos:
Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela nº 17 C.P. 15010 A Coruña.
Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa nº 20. C.P. 15001 A Coruña.
Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas
Internet
Que se necesita?:
Na tramitación telemática deberá achegar a seguinte documentación escaneada:
Impreso de solicitude que se adxunta na información relacionada.
No caso de persoas xurídicas debe acreditar a representación (poder notarial ou o orixinal de escritura da sociedade onde conste a debida representación).
No caso de persoas físicas que actúen mediante representante, poder notarial ou autorización asinada por representante e representado e copia do NIF do representado.
Orixinal do documento acreditativo do alta, baixa ou variación no censo de Actividades Económicas.
No caso dos vaos, resolución da licenza que autorice o aproveitamento.
Como se fai?:
A través da Sede electrónica con certificado dixital.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible