Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Emenda convocatoria usos instalacións deportivas

Emenda convocatoria usos instalacións deportivas

Inscricións:

Pechado

Dende o 18/07/2022 ata o 01/08/2022

Ten por obxecto a achega de documentación para a emenda das solicitudes do procedemento para establecer a repartición de horas de uso das instalacións deportivas municipais, para a actividade deportiva de adestramento, ás entidades que o soliciten.

Canles:

Telemático, Presencial

Tipo:

Dominio Público, Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións

Materia:

Deporte

Vixente:

Si

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

  1. Entidades deportivas con sede social na cidade da Coruña.
  2. Deportistas individuais con licenza federativa empadroados na cidade da Coruña.
  3. Sociedades Anónimas Deportivas con sede social na cidade da Coruña.

Requisitos:

Emendar a documentación requirida no prazo que se estableza na notificación de requirimento.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Deportes

Máis información:

Segundo o establecido no procedemento Convocatoria usos instalacións deportivas 2022 e nas bases do mesmo.

Presentación

Prazo de presentación:

Entre o 18 de xullo e o 1 de agosto, ambos inclusive.

Documentación necesaria:

Aquela que se indicou especificamente a cada solicitante no Anuncio de Publicación de requirimentos de corrección publicado no BOP do 17/07/2002. Pique aquí para acceder ao anuncio.

Documentos relacionados

  • Publicación dúas requirimentos de emenda dás solicitudes dá convocatoria de asignación de usos dás instalacións deportivas municipais (156 KB)
  • Declaración responsable convocatoria usos instalacións deportivas 22-23 (57 KB)
  • Anexo 1 (Pdf) - Oferta de Horas IDM 2022-23 (453 KB)
  • Documentos relacionados

Canles de presentación

  • Presencial
  • Internet

    Internet

    Que se necesita?:

    No caso de tramitación electrónica, deberá cubrir o formulario web ao que se accede premendo no botón ENVIAR dentro da lapela de PRESENTACIÓN e achegar a documentación de corrección que proceda.

    Deberá dispoñer de certificado dixital.

    Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

    No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

    Como se fai?:

    A través desta Sede electrónica municipal.

    En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

    a) As persoas xurídicas.

    b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

    c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

    d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Despois

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible