Emenda nas Bolsas comedor convocatoria 2023-2024
Pechado
Dende o 23/06/2023 ata o 12/07/2023
Achega de documentación para a emenda de expedientes de solicitude de Bolsas comedor correspondente ao curso 2023-2024
Presencial, Telemático
Axudas, becas e subvencións
Sociedade e benestar, Educación
Si
Descarga e envío do formulario
Solicitantes de bolsas comedor do curso 2023/2024 a quen se lle requirise documentación
Este trámite debe utilizarse exclusivamente para emendar documentación que fose requirida na Listaxe de corrección da convocatoria de bolsas comedor correspondente ao curso 2023/2024.
Ningún
Titular da Concellaría de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación
Os efectos da non presentación ou presentación incorrecta da documentación solicitada serán:
A) Desistencia da petición, se son requisitos do apartado 6 ou a documentación do apartado 10 da convocatoria.
B) Non puntuación nos apartados correspondentes, se se refire a documentación complementaria, do apartado 11 da convocatoria.
Desde o 22/06/2023 ata o 12/07/2023
Deberase presentar aquela documentación que para cada solicitante se requirise na Listaxe de emenda publicada no Taboleiro de anuncios municipal.
Achegar a documentación que se lle requirise na Listaxe de emenda ou corrección
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma, desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
Unha vez finalizado o prazo de corrección, a mesa de valoración examinará a documentación presentada, aplicará o baremo establecido na convocatoria e realizará un informe co resultado da valoración.
Este informe servirá de base para redactar unha proposta de resolución provisional, que se publicará no taboleiro de anuncios municipal.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible