Concello da Coruña

Concello da Coruña

É

Emerxencia Social

Canles:

Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar

Vixente:

Si

Axudas de carácter económico destinadas a sufragar gastos específicos de carácter extraordinario, necesarios para previr, evitar ou paliar situacións carenciales, urxencias sociais ou situacións de marxinación social. Están dirixidas a persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios e nas que concorran factores de risco, sendo sempre un apoio á intervención social.

Emerxencia social

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas para si ou a súa unidade familiar que reúnan os requisitos establecidos na Ordenanza Municipal de emerxencia social

Requisitos:

  • Ser maior de idade ou menor emancipado
  • Estar empadroado no municipio da Coruña de forma ininterrompida polo menos cun ano de antigüidade. Excepcionalmente poderán ser beneficiarios, previo informe dos técnicos municipais de servizos sociais, aquelas persoas que carecendo de domicilio na Coruña a súa situación de urxencia social fagan necesaria esta axuda
  • Acreditar a situación de necesidade
  • Achegar a documentación requirida en cada caso
  • Aceptación expresa, por parte do usuario, das condicións que figuran no deseño de intervención social.
  • Acreditar mediante documento de declaración responsable de estar ao corrente das obrigacións fiscais e coa Seguridade Social, así como declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibiu doutros organismos, e para a mesma finalidade, a axuda solicitada

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Presentación

Prazo de presentación:

Durante todo o ano

Documentación necesaria:

  • Solicitude Xeral: Solicitude Xeral.
  • Orixinal e copia do NIF: Orixinal e copia do NIF do solicitante e de todos os membros da unidade familiar que o posúan. Para estranxeiros, cartón de residente, de asilo ou refuxio ou calquera outro documento que permita a súa estancia legal no país.
  • Orixinal e copia do libro de familia: Orixinal e copia do Libro de Familia ou calquera outro documento que acredite a convivencia.
  • Acreditación dos ingresos económicos de todos os membros da unidade de convivencia a través de :Nóminas, recibos, xustificantes de pensións, certificados do INEM ou calquera outro documento que acredite os ingresos da persoa ou unidade familiar.
  • Acreditación dos ingresos económicos de todos os membros da unidade de convivencia a través de :Declaración responsable do interesado na que se faga constar, no seu caso, a carencia absoluta de rendas familiares.
  • Acreditación dos ingresos económicos de todos os membros da unidade de convivencia a través de: Autorización de todos os membros da unidade de convivencia para o acceso a datos do IRPF.
  • Acreditación dos ingresos económicos de todos os membros da unidade de convivencia a través de :Declaración do interesado de estar ao corrente das obrigacións fiscais e coa Seguridade Social, así como declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibiu doutros organismos, e para a mesma finalidade, a axuda que se solicita.
  • Autorizacións: Autorización de datos da conta bancaria.
  • Documentos acreditativos da situación de necesidade: Documentos acreditativos da situación de necesidade determinantes da solicitude que deben ser orixinais e se precisan devolución, indicar nestes que se concedeu a axuda para o seu pago, así como xustificante do seu custo ou orzamento.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

15 días desde a presentación da solicitude

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

-Recurso potestativo de reposición.

-Recurso contencioso-administrativo.

Outras versións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión