O imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) é un imposto real, directo e obxectivo, de titularidade municipal e de exacción obrigatoria que se encontra nos artigos 92 a 99 do TRLRHL e na Ordenanza fiscal número 52.
O feito impoñible está constituído pola titularidade dos vehículos de tracción mecánica aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.
Son suxeitos pasivos deste imposto as persoas físicas ou xurídicas a cuxo nome conste o vehículo no permiso de circulación.
O imposto esixirase de acordo co cadro de tarifas establecido no artigo 95.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ás que se aplicarán os coeficientes fixados na disposición adicional primeira. O devandito cadro de tarifas consiste en asignar a cada clase de vehículo, en función do seu "factor tributario" (potencia, número de prazas, capacidade de carga útil ou cilindrada), unha cantidade ou cota en euros.
Exencións
Bonificacións
Outros trámites
Preguntas frecuentes
Impresos e outros documentos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible