Concello da Coruña

Concello da Coruña

PIOP

Información de obxectos perdidos

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Suxerencias, queixas, denuncias e información aos cidadáns

Materia:

Seguridade, Sector público

Vixente:

Si

Obxectos perdidos NON DOCUMENTADOS que son entregados á Policía Local da Coruña, publicaranse na web do concello durante un mínimo de quince días, onde poderán ser consultados por calquera cidadá ou cidadán.

  • Tamén se pode usar o servizo electrónico para lle COMUNICAR Á OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS da Policía Local o extravío de calquera OBXECTO DOCUMENTADO. Nesta páxina poderá facer constar a descrición do obxecto así como os datos de contacto actualizados, o que permitirá que a Policía Local o/a informe do achado e do procedemento para efectuar a entrega.
  • Obxectos documentados: son todos aqueles que leven ou conteñen algún soporte documental, marca, anotación ou calquera outra circunstancia que permita identificar a persoa propietaria.

Mediante este servizo electrónico permítese solicitar a consulta dos obxectos perdidos publicados no servizo electrónico, salvo a limitación pola súa permanencia temporal na web, que é de quince días.

Información sobre obxectos perdidos

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas, interesado principal ou representantes que desexen solicitar información sobre obxectos perdidos á Oficina de Obxectos Perdidos da Policía Local da Coruña.

Requisitos:

  • Ser persoa interesada ou representante legalmente autorizado, e comunicar ou solicitar a dita información a través do procedemento previsto.

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Dirección da Área de Seguridade Cidadá

Máis información:

Presentación

Prazo de presentación:

  • Non existe prazo para efectuar a consulta dos obxectos perdidos publicados no servizo electrónico, salvo a limitación pola súa permanencia temporal na web, que é de quince días.
  • Non existe prazo para comunicar no servizo electrónico o extravío dun obxecto.
  • Os obxectos perdidos que non fosen reclamados pola persoa titular ou que non sexa posible a súa localización, son custodiados polo concello durante o período de dous anos. Pasado este prazo procederase segundo o establecido no Código Civil.

Documentación necesaria:

  • Solicitude xeral: solicitude debidamente cuberta. No caso de que se solicite telematicamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda. Se a presentación é presencial non será necesario. As persoas usuarias do servizo electrónico só terán que encher os datos da ficha xeral, na que achegarán unha descrición detallada do obxecto extraviado, así como, se fose o caso, os números, marcas ou inscricións que permitan a identificación e/ou diferenciación do obxectos.
  • Documentos identificativos: no servizo electrónico non é necesario achegar ningunha documentación.
  • Documentos identificativos: a persoa á que se lle entregue un obxecto, no momento de ir recollelo á Policía Local, deberá facilitar a súa identificación por medio do DNI ou outro documento válido para estes efectos. Para determinados obxectos de valor: á persoa que acuda a recollelos poderáselle esixir a factura, albará, descrición do obxecto, ou calquera outro documento ou medio similar, que a acredite como propietaria ou posuidora do obxecto extraviado.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Consultar o apartado "Documentación necesaria".

Nas oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico, que tamén o poderá descargar dende esta páxina.

Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

  • A través do Rexistro Telemático NON se require identificación con DNI electrónico, certificado dixital avanzado e recoñecido nin calquera outro recoñecido pola sede electrónica do Concello da Coruña.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

As persoas que comuniquen un extravío no servizo electrónico serán avisadas nun máximo de 10 días dende a recepción do achado, sempre que consten os seus datos de contacto telemáticos: correo electrónico, teléfono, fax etc. En caso contrario, serán informadas por medio do correo ordinario.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo
  • Recurso extraordinario de revisión

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión