Concello da Coruña

Concello da Coruña

IAPP

Inscrición de animal potencialmente perigoso no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos

Canles:

Presencial

Tipo:

Inspectora

Materia:

Medio ambiente

Vixente:

Si

O titular de licenza de animal potencialmente perigoso que resulte propietario está obrigado a inscribilo no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos existente no municipio onde resida habitualmente o citado animal.

Os datos do rexistro municipal serán comunicados polo Concello ao Rexistro galego de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos, no prazo máximo de 15 días, contados desde o momento da inscrición dun animal potencialmente perigoso.

Inscrición de animal potencialmente perigoso no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoa física, maior de idade, propietaria do animal potencialmente perigoso.

Requisitos:

Para solicitar a inscrición dun animal potencialmente perigoso é necesario ser propietario do animal e ser titular de licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos.

Na solicitude deberá sinalar se o animal teno para compañía ou garda, defensa ou caza.

A solicitude presentarase dentro dos quince días seguintes á obtención da correspondente licenza municipal para tenza dun animal potencialmente perigoso.

Prezo / Custo:

Taxa prevista na ordenanza fiscal nº 10 (por prestación de servizos de sanidade preventiva relacionados con animais de compañía e outros servizos de prevención): 6,18 euros.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sostibilidade

Máis información:

Os datos que deberán constar, como mínimo, no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos serán os seguintes:

  • Datos persoais do titular: nome, dirección habitual, DNI e teléfono de contacto.
  • Características do animal que fagan posible a súa identificación: idade, especie, raza, características externas e número de microchip.
  • Lugar habitual de residencia do animal.
  • Función/aptitude do animal (compañía ou garda, defensa, caza).

A omisión da inscrición no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos é constitutiva de infracción administrativa grave, podendo ser sancionada con multa de ata 2.400 euros , sen prexuízo das sancións accesorias previstas na lexislación vixente, entre elas, a confiscación e comiso do animal, así como a suspensión temporal ou definitiva da licenza para tenza de animais potencialmente perigosos.

Presentación

Documentación necesaria:

  • Solicitude Xeral: Solicitude xeral.
  • Fotocopia cartilla veterinaria: Fotocopia das páxinas da cartilla veterinaria onde veña: nome, especie, raza, sexo, data de nacemento, características externas identificatorias, e enderezo do animal.
  • Microchip: Copia compulsada do documento acreditativo da implantación do microchip do animal asinado por veterinario autorizado.
  • Información sobre a licenza municipal: nº de licenza e data de expedición. Se a licenza foi obtida noutro concello, fotocopia da dita licenza
  • Xustificante: Xustificante de aboamento da taxa prevista na Ordenanza Fiscal nº 10.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da de dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=342

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión