Concello da Coruña

Concello da Coruña

ODPDECR

Ocupación de dominio público con actividades recreativas e espectáculos, con declaración responsable

Canles:

Presencial, Telemático, Telefónico

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Dominio Público

Materia:

Urbanismo e infraestruturas, Cultura e ocio, Movilidade

Vixente:

Si

Este trámite será de obrigado cumprimento para solicitar ocupacións de vía pública con actividades recreativas e espectáculos públicos que requiran declaración responsable, e non licenza.

Tal e como se recolle na Instrución da Xunta de Goberno Local 1/2020, sobre tramitación de espectáculos públicos e actividades recreativas e comerciais en espazos públicos a iniciativa particular no Concello da Coruña.

Ocupación de dominio público con actividades recreativas e espectáculos, con declaración responsable 2021

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas ou xurídicas que pretenden ocupar espazo municipal de dominio público para realizar actividades ou espectáculos que soamente requiran declaración responsable.

Requisitos:

Con carácter xeral, as actividades recreativas ou espectáculos con ocupación do dominio público están suxeitas ao réxime de declaración responsable.

Exceptúanse as sometidas a licenza, contempladas no trámite correspondente.

Prezo / Custo:

Suxeito ao pagamento de taxas por tramitación e obtención de licenzas reguladas nas Ordenanzas Fiscais Nº 1 e Nº 31.

A carta de pagamento das taxas correspondentes poderase obter no edificio servizos económicos da rúa Franxa 20-22 C.P. 15001 A Coruña, ou na seguinte ligazón que o levará á Sede Virtual do Contribuínte.

Órgano que resolve:

A persoa titular da área de goberno con intereses vencellados á actividade ou espectáculo programado.

Máis información:

A ocupación do dominio público requirirá o informe no que se declare o interese municipal da correspondente área de goberno.

Naqueles casos en que con ocasión dun espectáculo público ou actividade recreativa haxa pretensión de realizar de maneira simultánea no dominio público actividades comerciais ocasionais, estas deberán estar incluídas na memoria ou proxecto técnico.

A eficacia inmediata da declaración responsable para o exercicio da actividade recreativa/espectáculo público establecida no artigo 40.5 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia queda condicionada á obtención da autorización para a ocupación do dominio público municipal.

Presentación

Prazo de presentación:

Deberá presentarse a solicitude cunha antelación mínima dun mes á data de ocupación prevista, co fin de obter todos os informes pertinentes e autorizar a actividade solicitada.

Documentación necesaria:

Solicitude: Solicitude específica (Modelo 108) coa documentación que se indica relativa á persoa interesada e a súa actividade económica.

Planos: Planos de situación e localización do Plan xeral municipal de ordenación.

Planos: Plano da ocupación de vía pública solicitada debidamente medido e coa súa superficie delimitada, con indicación das instalacións/elementos que se van instalar para o exercicio da actividade.

Proxecto: Proxecto ou documentación técnica redactada e asinada polo/a técnico/a competente, segundo a natureza da actividade.

Documentación particular: cando cumpra, a requirida no anexo VI da Ordenanza municipal de protección contra incendios (BOP n.º 79 de 26/04/2018) xustificativa do cumprimento dunhas condicións en materia de protección contra incendios e seguridade que variará en función das instalacións ou equipamentos definidos no referido anexo VI da dita ordenanza.

Documento acreditativo asinado polo/a interesado/a de a designación da persoa física ou xurídica que asumirá a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos esixibles.

Documento acreditativo asinado polo/a interesado/a da designación da persoa física ou xurídica que asumirá a responsabilidade técnica da montaxe da instalación, se é o caso.

Alta de obrigas tributarias: Copia da alta en obrigas tributarias ou declaración dos fins benéficos da actividade adxunta ao documento que acredite o mesmo.

Taxas: Autoliquidación de taxas.

Seguros: Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil e do xustificante do pagamento da póliza.

Marcado CE: O marcado CE e a declaración CE de conformidade das instalacións que corresponda segundo as súas características e o certificado de instalación de baixa tensión de conexión á rede.

Documentos relacionados

  • Mod 108 Declaración responsable de espectáculo público ou activ. recreativa con ODP (153 KB)

Canles de presentación

Presencial

Como se fai?:

As persoas físicas que desexen utilizar esta vía, deberán solicitar cita previa, á que deberá acudir achegando a documentación solicitada.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (Modelo 108) debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a licenza que solicita, segundo se especifíca no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación en liña

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Prazo xeral de 3 meses (21.3 Lei 39/2015)

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio, segundo o artigo 24.1 da Lei 39/2015

E despois?:

A eficacia inmediata da declaración responsable para o exercicio da actividade recreativa/espectáculo público establecida no artigo 40.5 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia queda condicionada á obtención da autorización para a ocupación do dominio público municipal.

A autorización para a ocupación do dominio público deberá estar dispoñible para a súa presentación por petición das autoridades municipais durante todo o tempo de preparación e realización do espectáculo ou actividade recreativa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión