Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O empadroamento é o acto de rexistrarse no municipio de residencia habitual e determina que a persoa é considerada veciña desa poboación. Quen resida en máis dun municipio deberá efectuar o empadroamento naquel no que viva durante máis tempo no ano.
Este trámite permite efectuar:
1) a inscrición no Padrón de habitantes da cidade da Coruña:
daquelas persoas que veñen vivir á cidade provenientes doutro municipio do Estado español ou ben do estranxeiro.
das persoas que non constan no Padrón de habitantes da Coruña aínda que continúan vivindo na cidade.
Porque foron dadas de baixa por non renovar, non confirmar ou por baixa de oficio.
Porque non están inscritas en ningún outro concello ou consulado.
2) O cambio de domicilio, dentro do municipio da Coruña, das persoas que xa figuran empadroadas.
Padrón: alta e/ou modificación de domicilio
Inscricións:
Sobre o procedemento
A quen vai dirixido?:
Calquera persoa física que desexe realizar unha alta ou modificación de domicilio no Padrón de habitantes do municipio.
As e os menores de idade non emancipadas/os e as/os maiores incapacitadas/os deben figurar empadroadas/os no domicilio dos pais ou representantes legais, agás autorización por escrito destas/es para residir noutro domicilio.
Requisitos:
O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo das veciñas e veciños do municipio para todos os efectos administrativos.
Todas as persoas deberán estar empadroadas no domicilio no que máis tempo residan ao ano.
Prezo / Custo:
Ningún
Órgano que resolve:
Titular da Concellaría de Seguridade Cidadá e Interior
Folla padronal coa información de todas as persoas a inscribir, que poderá obter de forma presencial, ou solicitándoa a través desteformulario.
Para acreditar a identidade
As persoas maiores de 14 anos: documento identificativo orixinal en vigor (DNI, Tarxeta de residencia, Pasaporte). Os nacionais de Estados membros da Unión Europea poden identificarse co documento de identidade do país de orixe.
As persoas menores de 14 anos: documento identificativo orixinal en vigor (DNI, Tarxeta de residencia, Pasaporte) ou, se non dispoñen del, libro de familia/certificado de nacemento.
Para acreditar a residencia
Titulares do dereito de propiedade da vivenda: escritura, contrato de compravenda, Nota do Rexistro, última factura dunha subministración de luz, auga, gas.
Titulares do dereito de arrendamento da vivenda: contrato de arrendamento de vivenda para uso de residencia habitual acompañado do último recibo de pagamento; última factura dunha subministración de luz, auga ou gas.
Ademais, se o alta ou cambio de domicilio vaise a producir nun domicilio xa ocupado, é necesario contar coa autorización dunha das persoas xa empadroadas no mesmo (a condición de que sigan vivindo nel).
Para o empadroamento de menores de idade esíxense requisitos adicionais. Consulte o caso concreto nas nosas oficinas.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Folla padroal, que poderá obterse no momento da comparecencia ou previamente a través desteformulario.
O resto dos documentos especificados no apartado "Documentacion necesaria".
Como se fai?:
Debe acudir ás nosas oficinas con toda a documentación, con ou sen cita previa, aínda que é recomendable facelo con cita. Pode obtela chamando ao 010 ou a través da páxina web.
Para obter a folla padronal previamente cubra este formulario.
Para completar este trámite deberá dispoñer de certificado dixital ou DNI electrónico.
Como se fai?:
O támite integramente en liña consta de tres fases:
Para iniciar o proceso non será necesaria autenticación, só facilitar os datos necesarios ao cubrir o formulario en liña.
En resposta ao paso 1, o Concello devolverá a folla padroal precuberta. Neste envío lembraráselle a documentación que deberá presentar no paso seguinte.
Con certificado dixital, deberá presentar debidamente asinada a citada folla padroal, máis os ficheiros requiridos, que tamén se relacionan no apartado "Documentación necesaria".
Este paso 3 é o que se realiza neste procedemento ao pulsar o botón "Tramitar en liña".
Antes de aceptar continuar con esta tramitación, asegúrese de recibir a folla de Padrón debidamente cuberta polo Concello. Ademais deberá achegar o resto de documentación especificada na apartado "Documentación necesaria".
A folla de Padrón debe vostede solicitala ao concello da Coruña, a través do formulario de solicitude.
Segundo opte pola presentación telemática ou presencial da Folla de Padrón e resto da documentación, a folla de Padrón será enviada ao seu correo electrónico ou por correo postal respectivamente. Teña en conta que para a presentación telemática deberán asinar electronicamente a folla de Padrón todas as persoas maiores de idade que figuren na mesma.
Cando a opción sexa a presentación presencial nas oficinas de atención cidadá, deberán asinala a man e efectuar a presentación de maneira presencial, solicitando cita previa para xestión de padrón en calquera das seguintes oficinas de atención cidadá: María Pita, Fórum ou Ágora.
Teléfono
Despois
Prazo de resolución:
O prazo máximo será de 3 meses.
Sentido do silencio administrativo:
Estimatorio
E despois?:
Contra a Resolución de concesión/denegación da inscrición poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo, o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible