Concello da Coruña

Concello da Coruña

PPSCPV

Participación en probas selectivas

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Recursos humanos

Materia:

Emprego

Vixente:

Si

Participación en procedementos de selección de persoal.

Participación en probas selectivas

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Os e as interesadas que reúnan os requisitos sinalados en cada convocatoria

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, no suposto de acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
  • Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para desempeñar as correspondentes funcións ou tarefas.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, dos órganos constitucionais ou dos órganos estatutarios das comunidades autónomas, nin estar en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa foi separada ou inhabilitada. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de orixe o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
  • Posuír a titulación esixida nas correspondentes bases específicas ou estar en condicións de obtela. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación.
  • Outros requisitos que, se for o caso, se poidan esixir nas correspondentes bases específicas.

Prezo / Custo:

Taxa por dereitos de exame:

Grupo A1 ou asimilado = 24,16 €

Grupo A2 ou asimilado = 19,31 €

Grupo C1 ou asimilado = 14,50 €

Grupo C2 ou asimilado = 9,65 €

Grupo "Outras agrupacións profesionais" ou asimilado = 4,85 €

Dereitos de exame para calquera dos grupos anteriores, para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % (para o que deberá presentar o certificado de minusvalía correspondente) e para aquelas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, de seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas que solicite a súa participación (para o que deberá presentar o documento xustificativo expedido pola oficina de emprego correspondente = 0,00 €.

Supostos de non suxeición:

- Probas selectivas para a elaboración de listaxes de persoal funcionario interino

- Procesos selectivos da quenda de promoción interna

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior

Máis información:

Pode consultar as bases xerais polas que se rexerán os procesos selectivos que convoque o Concello da Coruña para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario de carreira, quenda libre, así como as prazas reservadas a promoción interna incluídas nas correspondentes Ofertas de Emprego Público na seguinte ligazón.

Pode consultar as bases específicas de cada proceso na web de Selección de Persoal, premendo nesta ligazón:

Presentación

Prazo de presentación:

Consultar as bases específicas de cada convocatoria

Documentación necesaria:

  • Solicitude de participación (modelo 095) ou modelo 0133 para procesos de estabilización.
  • Taxas de participación (consultar bases específicas).
  • Outra documentación: Méritos, xustificantes... (consultar bases específicas).

Documentos relacionados

  • MODE_095: Solicitude de participación en probas selectivas (260 KB)
  • mod0133_Solicitude_probas_selectivas_estabilizacion (178 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude e demais documentación que se indica no apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para tramitar a devandita solicitude, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=842

Lembre ter cuberto e gardado no seu equipo o Modelo 095 Solicitude de participación en probas selectivas ou o Modelo 0133 Solicitude de admisión a probas selectivas proceso de estabilización pois deberá achegar o ficheiro no proceso de presentación da solicitude.

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Non procede

E despois?:

Contra a Resolución que resolva o procedemento poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión