RETVA
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Sector público, Urbanismo e infraestruturas
Si
Obtención da autorización municipal para unha reserva de espazo temporal da vía pública para a realización de actividades como mudanzas, carga e descarga de materiais, descargas de combustible, carga e descarga de material relacionado con obras, vehículos de formigonaxe etc.
Reserva de espazo temporal de vía pública
Persoa física ou xurídica interesada en obter a autorización municipal para unha reserva de espazo temporal da vía pública
Deberase solicitar cun mínimo de tres días hábiles de antelación.
Autorización suxeita a taxa: ordenanza fiscal núm. 25 reguladora da taxa por entrada de vehículos desde a vía pública, reservas de espazo para aparcadoiro, cargas, descargas e outras actividades particulares e Ordenanza fiscal núm. 1 reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.
A carta de pagamento das taxas correspondentes poderase obter no edificio de servizos económicos da rúa Franxa 20-22, C.P. 15001 A Coruña, ou na seguinte ligazón que o levará á Sede Virtual do Contribuínte.
Se non reside no termo municipal e sucede algún incidente electrónico que imposibilite realizar o aboamento da taxa de forma telemática, deberá poñerse en contacto co Servizo de Atención Telefónica 010 (981 18 42 78 para chamadas desde fóra do termo municipal).
Titular da Concellaría delegada de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade
Normativas relacionadas
En todos os casos
En caso de carga e descarga de material
En caso de traballos en altura
En caso de traballos en altura para obras
Informe previo do Centro Integral de Mobilidade (CIMoB)
Requírese este informe nos seguintes supostos:
Este informe solicitarase ao Centro Integral de Mobilidade (CIMoB) a través do correo salatrafico@coruna.gal.
Documentos relacionados
Cubrir o impreso de solicitude (modelo 062) e demais documentación que se indica no apartado Documentación necesaria.
O pagamento das taxas é un depósito previo segundo o disposto nas ordenanzas fiscais, polo que o xustificante do pagamento deberase achegar xunto coa solicitude.
A solicitude deberase realizar cun mínimo de 3 días hábiles de antelación. O documento de solicitude, con rexistro de entrada, xunto coa copia do pagamento das taxas, serve como xustificante da ocupación e remitiráselle á Policía Local para a súa sinalización, agás nos casos nos que se requira informe previo da Oficina técnica de Seguridade Cidadá ou da Policía Local.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Se desexa obter a carta de pagamento da taxa correspondente poderase obter a través do seguinte vínculo na Sede Virtual do Contribuínte.
A través desta Sede Electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede Electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos/as os/as notarios e rexistradores/as da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=542
Desestimatorio
Contra a resolución que se dite, poderanse interpoñer os seguintes recursos:
- Recurso potestativo de reposición
- Recurso contencioso-administrativo
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible