RESPPATR
Responsabilidade patrimonial e outras solicitudes de indemnización
Sector público
Si
Os particulares terán dereito a ser indemnizados polas administracións públicas correspondentes por toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, salvo nos casos de forza maior, sempre que a lesión sexa consecuencia do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.
Responsabilidade patrimonial por danos
Persoa interesada (persoa física ou xurídica prexudicada pola actuación/omisión da Administración), por si mesma ou a través de representante.
Xerais
Na reclamación deberanse especificar as lesións producidas, a presunta relación de causalidade entre estas e o funcionamento do servizo público, a avaliación económica da responsabilidade patrimonial, se fose posible, e o momento en que a lesión efectivamente se produciu, e irá acompañada de cantas alegacións, documentos e informacións se estimen oportunos e da proposición de proba, concretando os medios de que pretenda valerse o/a reclamante.
Ningún
Titular da Concellería Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior
En todo caso, o dereito para reclamar prescribe ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou de manifestarse o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo empezará a computarse desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas.
Solicitude xeral
Solicitude debidamente cuberta, indicando o lugar, data e hora do sinistro e se existen testemuñas ou presenza policial. No caso de que se solicite telematicamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda.
Acreditación da representación
Documento que acredite a representación, de ser o caso.
Documentos xustificativos
Todos aqueles documentos que sirvan para acreditar os feitos, a relación de causalidade e os danos obxecto de reclamación.
Outros
No caso de que se producisen danos persoais ademais, achegarase:
Documentos relacionados
Todos os documentos especificados no apartado "Documentación necesaria" desta páxina.
Solicite cita previa.
Acuda coa documentación necesaria. Preferentemente documentos orixinais. Seranlle devoltos, xa que a documentación escanéase na presentación.
Certificado electrónico
Teña preparada no seu equipo toda a documentación que vaia presentar xunto coa solicitude.
Identifíquese ante a sede, ou ben mediante representante (nese caso deberá acreditar tal circunstancia), incorpore a documentación, proceda a asinar electronicamente o envío e finalice a presentación.
A continuación poderá descargar un xustificante da operación..
O prazo máximo de resolución e notificación será de seis meses desde que se iniciase o procedemento.
No caso de que o autorizase (persoas físicas) seralle notificado por vía telemática o resultado do procedemento no apartado correspondente da sede electrónica.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible