SCG
Presencial, Telemático
Sector público, Trámites e xestións
Si
Mediante este servizo electrónico permítese solicitar o inicio de todos aqueles procedementos que non contan cunha solicitude específica.
Se desexa presentar unha suxestión ou unha queixa, ou comunicarnos unha incidencia (dano, avaría etc.) que requira a actuación dos servizos municipais para a súa resolución, deberá utilizar a páxina de suxestións e reclamacións. Non necesita certificado dixital.
Solicitude de carácter xeral
Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, as persoas interesadas e con capacidade xurídica para iniciar ou participar no procedemento administrativo ao que se refira a solicitude presentada.
Os necesarios para xestionar a solicitude en concreto.
O que estea establecido para o procedemento solicitado.
Quen teña atribuídas as competencias sobre a materia a que se refira a solicitude concrreta
A cidadanía pode dirixirse por escrito ao Concello da Coruña cubrindo o formulario de instancia xeral normalizada, que será utilizado en todos aqueles trámites para os cales os servizos municipais non determinasen a utilización dun formulario específico.
Antes de utilizar o formulario de instancia xeral dispoñible nesta páxina:comprobe que non existe unha ficha de trámite específica, co seu correspondente formulario, para a xestión que necesita realizar.
Dependerá das condicións e datas específicas do procedemento solicitado.
Dependerá da documentación necesaria no procedemento concreto solicitado.
Documentos relacionados
Nas oficinas de rexistro municipais, así como nos rexistros doutras administracións públicas estará dispoñible o formulario de solicitude xeral, que tamén pode descargar desde esta páxina.
Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Solicitando cita previa para a dependencia municipal en que se vaia efectuar a presentación.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 001) debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a actuación que solicita, segundo se especifíca no procedemento invocado.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Lembre: se desexa presentar unha suxestión ou unha queixa, ou comunicarnos unha incidencia (dano, avaría etc.) que requira a actuación dos servizos municipais para a súa resolución, deberá facelo a través da páxina de suxestións e reclamacións. Non necesita certificado dixital.
Tres meses, ou ben o establecido para o procedemento solicitado, se fose diferente.
Desestimatorio
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible