Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para entidades sen ánimo de lucro para o fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas no Concello da Coruña
Subvencións para entidades deportivas 2023
Inscricións:
Dende o 30/11/2022 ata o 19/12/2022
Sobre o procedemento
A quen vai dirixido?:
Entidades deportivas sen ánimo de lucro con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña que teñan por obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas para os 5 tipos de actividades da convocatoria.
Entidades sociais e/ou de carácter asistencial sen ánimo de lucro con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña para actividades do tipo 2.
Entidades sen ánimo de lucro con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña que teñan por obxecto social algunha das actividades do tipo 4.
Requisitos:
Son requisitos esixibles ás entidades beneficiarias, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data da proposta provisional de concesión da subvención, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, os seguintes:
Que carezan de fins de lucro e que, de acordo cos seus estatutos, teñan obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención. O cumprimento deste requisito esixirá, en todo caso, estar constituído de conformidade coa normativa vixente e debidamente inscritos no correspondente rexistro administrativo.
Que a actividade ou proxecto para o que se solicite a subvención sexa coincidente con algunha das finalidades recollidas na Base 3 da presente convocatoria.
Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello e a Seguridade Social. Na solicitude de subvención o interesado autoriza o Concello para consultar o cumprimento deste apartado. De non facelo, deberá o interesado achegar as certificacións acreditativas oportunas. De conformidade co artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o Concello da Coruña, e sempre que tecnicamente sexa posible, solicitará as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o propio Concello da Coruña, para verificar o cumprimento deste apartado. Con todo, a persoa solicitante ou a súa representante poderán opoñerse expresamente á consulta ou obtención da documentación sinalada e deberán, neste caso, presentar a documentación acreditativa nos termos previstos regulamentariamente e achegar as certificacións acreditativas oportunas.
Se a actividade para a que se solicita a subvención ten como suxeitos a menores de idade, deberá presentarse unha declaración responsable de que todo o persoal (incluído o voluntario) encargado de realizar tales actividades que impliquen contacto habitual con menores cumpre co requisito previsto no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor (segundo redacción dada polo núm. 5 do artigo 13 introducido polo apartado oito do artigo primeiro da Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE do 29 de xullo), e no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, de voluntariado. A declaración responsable requirida estará incluída no propio formulario de solicitude que será asinado polo presidente e o/a secretario/a da entidade.
Os demais contemplados na Ordenanza xeral de subvencións da Área de Benestar do Concello da Coruña e na Lei xeral de subvencións.
Prezo / Custo:
Ningún
Órgano que resolve:
Titular da Concellería delegada de Deportes
Máis información:
Tipos de actividades subvencionadas:
Tipo 1 e 1.1.- Actividade deportiva
Tipo 2.- Actividade física ou deporte para todos
Tipo 3.- Campamentos ou campus
Tipo 4.- Actividades de natureza diversa relacionadas co deporte
Tipo 5.- Actividades deportivas de carácter extraordinario
Unha mesma entidade deportiva só pode solicitar un máximo de tres (3) subvencións de entre o total de tipos enumerados na Base 3. Por tanto, só se poderán subvencionar tres (3) actividades distintas dunha mesma entidade. As actividades solicitadas poden ser dun único tipo dos enumerados na Base 3 ou tipos distintos, sen superar en ningún caso o número máximo de 3 actividades.
No caso de que a entidade deportiva perciba unha axuda de forma directa (convenio nominativo) por parte da Concellería de Deportes ou dun ente colaborador, terá dereito a solicitar entre 1 e 3 subvencións segundo o importe do seu convenio.
O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será o 80% do seu total. Establécese un importe máximo para solicitar de 4.000,00 euros por cada subvención solicitada de tipo 2 e 4, de 6.000,00 euros por cada subvención solicitada de tipo 1 e 3, e de 10.000,00 euros por cada subvención solicitada de tipo 5.
Prazo de 20 díasnaturais para presentar a instancia. Do día 30 de novembro ao 19 de decembro, ambos inclusive.
Documentación necesaria:
Solicitude específica debidamente cuberta
Impreso de presentación de solicitude de xustificación.
Memoria da actividade para a que se pide subvención (1 por actividade)
Memoria complementaria da actividade para a que se pide subvención (1 por actividade)
Orzamento de Ingresos e Gastos segundo modelo (1 por actividade)
Estatutos da entidade, en caso de non estar inscrita no REMAC
Copia do NIF: copia NIF da persoa representante
Certificación dos cargos representativos e domicilio social, en caso de non estar inscrita no REMAC
Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social, só en caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos
Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria, só en caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos
Certificado da Tesourería Municipal: certificado de non ter débedas coa Tesourería Municipal, só en caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos
Certificación datos bancarios: Certificación dos datos bancarios, só en caso de modificación.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible