Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Xestión censual de recollida de lixo industrial ou vaos

Xestión censal de recollida de lixo industrial ou de vaos

Inscricións:

Aberto

Declaración na que se manifesta a realización do feito impoñible e comunica os datos para que o Concello poida practicar a liquidación provisional, ou declaración na que comunica a baixa ou calquera variación en elementos tributarios.

Canles:

Telemático, Presencial

Tipo:

Tributario

Materia:

Facenda

Vixente:

Si

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que ocupen ou utilicen os locais ou establecementos situados nos lugares ou vías públicas en que se preste o servizo de recollida e tratamento, xa sexa a título de propietaria ou arrendataria.

No caso dos vaos, a persoa solicitante da licenza correspondente ou se o aproveitamento se realizase sen obter licenza, a persoa propietaria do inmoble ou da empresa que utilizase a entrada ou reserva.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Xunta de Goberno Local

Presentación

Prazo de presentación:

A declaración de alta deberá presentarse dentro do mes seguinte a aquel no que se produza o feito impoñible.

As declaracións que teñan por obxecto o poñer en coñecemento da Administración as de baixa ou variacións en elementos tributarios para a xestión de tributos de cobro periódico, presentaranse dentro do mes seguinte á data na que se produzan e os seus efectos terán lugar no período impositivo seguinte ao da súa presentación (art. 74 Ordenanza xeral de xestión).

Documentación necesaria:

Declaración alta/baixa ou variación censal - taxa recollida de lixo industrial e vaos.

Copia NIF.

Documentación xustificativa: alta/variación ou baixa no Censo de Actividades Económicas da Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Documentos relacionados

Canles de presentación

  • Presencial

    Presencial

    Que se necesita?:

    Os documentos especificados no apartado "Documentacion necesaria", para modificar datos censuais.

    Como se fai?:

    • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
    • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
    • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Internet

    Internet

    Que se necesita?:

    Deberá dispoñer de certificado dixital.

    Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 035) debe ter preparados os ficheiros que necesite, segundo se especifíca no apartado "Documentación necesaria".

    No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

    Como se fai?:

    A través desta Sede electrónica municipal.

    En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

    a) As persoas xurídicas.

    b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

    c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

    d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 6 meses desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar a declaración. No suposto de declaracións extemporáneas o prazo comezarase a contar desde o día seguinte ao de presentación da declaración.

De conformidade co disposto no art. 86.5 da Ordenanza xeral de xestión o concello non notificará as variacións derivadas de declaracións formuladas polo/a obrigado/a tributario/a sempre que a alteración se corresponda exactamente co contido da modificación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible