Concello da Coruña

Concello da Coruña

Non me xera o QR de pago no meu dispositivo nun autobús. Que fago?

Para xerar o código QR a aplicación necesita saber en que parada de autobús estás polo que debe acceder á localización do dispositivo. Se non o xera o máis probable é que a aplicación non poida obter a dita localización. Isto pódese deber a varios motivos:

  1. Non tes a localización activada no dispositivo. Comproba que tes o GPS activado e a opción de "Busca por Wi-Fi". Esta opción fará que a xeración do QR sexa máis rápida ao obter antes a localización.
  2. A aplicación non ten permisos para acceder á localización. Comproba nos permisos da aplicación que tes permitido o acceso á localización precisa durante a execución da aplicación. Se tes dúbidas de como facelo, o máis sinxelo é desinstalar e volver instalar a aplicación para que o móbil che volva preguntar se lle dás permiso e poidas outorgarllo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión