Para realizar calquera trámite é recomendable que solicite cita previa para maior axilidade na atención e para aforrar tempo de agarda.
A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para poder moverte en autobús pola cidade e pola súa área metropolitana de forma sinxela e económica.Serve tamén como tarxeta identificativa para o servizo de préstamo de bicicletas de BiciCoruña e como carné de socio nas Bibliotecas municipais.
IMPORTANTE: como canle de comunicación, para calquera xestión coa tarxeta, deberá facilitar o número de teléfono e/ou correo electrónico
Sistema Tarifario de Abono por Recorrencia na Tarxeta Millennium.
O abono por recorrencia vai dirixido a fomentar o uso do autobús urbano e bonificar os usuarios habituais. Consiste en devolverlle ao usuario o importe das viaxes a partir dun número determinado segundo o seu perfil. Os abonos realizaranse na propia tarxeta no momento da recarga a partir do día 5 do mes seguinte ao seu uso.
Transporte público
A Tarxeta Coruña Millennium ofrece importantes descontos nas tarifas dos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.
As persoas usuarias dos autobuses interurbanos poderán utilizar a Tarxeta Coruna Millennium como tarxeta moedeiro para pagar os seus traxectos metropolitanos. Nos autobuses metropolitanos a Tarxeta Millennium funciona con perfil xeral. Non son aplicables as subvencións ás persoas usuarias correspondentes ao perfil social do Concello da Coruña.
Servizos de préstamo con Coruña Millennium
Tes dúas tarifas dispoñibles para subscribirte ao servizo:
Tarifa anual, 12 meses, se esperas facer moito uso durante o ano.
Tarifa de uso ocasional, 30 días, se a usas ocasionalmente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible