Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Tarxeta para estacionamento en lugares reservados para persoas con diversidade funcional
En que consiste?:
Tarxeta que permite estacionar ao seu titular, con calquera vehículo, nos espazos habilitados para o efecto e debidamente sinalizados horizontal e vertical.
Onde se fai?:
SOLICITUDE POR PRIMEIRA VEZ OU RENOVACIÓN
Rexistros Municipais:
María Pita, Franxa (obter Carta de Pagamento de Taxas/ Prezos Públicos e Caixa Municipal), Ágora, Urbanismo, Mesoiro ou Oficinas de Rehabilitación na Estación de Autobuses ou Sede electrónica.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
REQUISITOS
Estar empadroado no Concello da Coruña.
Ter recoñecidas dificultades de mobilidade que impidan o uso do transporte público colectivo ou unha discapacidade visual que implique un grao das limitacións na actividade igual ou superior ao 75 %.
DOCUMENTACIÓN
Impreso de solicitude.
1 fotografía tamaño carné recente e orixinal.
DNI. En caso de menores de 14 anos que non dispoñan del, achegarase o DNI da nai, do pai ou do titor legal.
Certificado do grao de discapacidade no que conste que ten recoñecida a imposibilidade de uso do transporte público, expedido polos Equipos de Valoración e Orientación - EVO.
RENOVACIÓN
É necesario presentar unha solicitude no Rexistro Xeral Municipal ou Sede electrónica achegando 1 fotografia recente e orixinal. A valoracion da discapacidade, se a anterior non era definitiva.
RECOLLIDA DA TARXETA
Unha vez que o interesado recibe no seu domicilio a notificación da concesión da tarxeta, pode pasar a recollela na Sección de Circulación situada na planta baixa da Estación de Autobuses, Rúa Cabaleiros nº 21 (Estación de Autobuses) achegando a seguinte documentación:
DNI do titular (orixinal)
Notificación da concesión.
Tarxeta anterior (no suposto de renovación).
A tarxeta só se pode retirar de xeito presencial polo titular.
EXPEDICIÓN DE DUPLICADO POR DETERIORACIÓN, PERDA OU ROUBO
Na propia oficina de Circulación na Estación de Autobuses.
VIXENCIA DA TARXETA
Vén determinada polo Certificado de Discapacidade
Certificado Definitivo: a tarxeta ten unha validez de 10 anos, unha vez transcorridos, hai que renovala.
Certificado Provisional: a validez da tarxeta é a mesma que a do certificado de discapacidade. Para renovala deberá presentar un novo certificado de discapacidade.
A tarxeta ten validez en todos os países da Comunidade Económica Europea.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible