27 de outubro de 2022
O día 18 de novembro no Paraninfo da Universidade da Coruña o Concello a través da Concellaría e Comercio, Mercados, Consumo e Barrios vai a desenvolver un Foro centrado en hábitos saudables na alimentación das persoas consumidoras.
O obxectivo do Foro é promover un encontro de carácter formativo así como de participación e debate, co obxectivo de fomentar os principios que deben presidir o comercio local co fin de garantir os dereitos das persoas consumidoras, ademais analizarase o consumo responsable, así como o dos produtos de proximidade coa finalidade de fomentar hábitos sostibles saudables, e a súa incidencia na calidade de vida das persoas consumidoras.
Contamos coa participación de especialistas e divulgadores/as científicos/as de gran traxectoria profesional que achegarán unha visión ampla sobre o tema, promovendo, así mesmo, o intercambio de experiencias e impresións.
Lugar:
O Foro desenvolverase no Paraninfo da Universidade da Coruña , na Rúa Maestranza, 9,
Inscrición
A asistencia é de balde pero precisa inscrición previa.
Pode solicitar a inscrición no enderezo foroalimentacion2022coruna@gmail.com, indicando o nome completo e un teléfono de contacto.
As solicitudes serán admitidas respetando a orde temporal de recepción ata cubrir as prazas.
Data:
18.11.2022 de 09:00 a 14:00 h
Máis información:
Tel.: 981 18 98 20 ou no teléfono de información cidadá 010
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible