Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consumo consciente, colaborativo e responsable

Comercio de proximidade

COMERCIO DE PROXIMIDADE

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de educación primaria (segundo e terceiro ciclo), ESO, bacharelato, Ciclos Formativos e EE

Obxectivos:

  • Identificar os establecementos locais e os mercados explicando as principais vantaxes da compra neste tipo de comercio e a súa repercusión na economía.
  • Achegar as persoas participantes ao concepto de mercados municipais, a súa orixe e evolución.

Descrición e actividades:

Damos a coñecer os beneficios do comercio local e de proximidade, por exemplo, en tendas de barrio e mercados municipais. Ademais, informamos de cales son os "mercados coruñeses" e todos os seus servizos. Facemos diferentes dinámicas co fin de que as persoas participantes se acheguen aos comercios máis próximos, creando e fortalecendo unha relación coa contorna e o barrio onde viven.

Outros contidos relacionados

A banca ética

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos

Obxectivos:

  • Coñecer a banca ética, tamén chamada banca social, sostible, alternativa, responsable e os beneficios sociais e ambientais que ten, así como os proxectos que financia.

Descrición e actividades:

A partir de dinámicas de preguntas e reflexións traballamos sobre o funcionamento e os intereses que poden ter os bancos.

Redactamos un "decálogo de requisitos" que deberá cumprir a banca para que realmente sexa ética. Finalmente expoñemos casos prácticos de banca ética.

Outros contidos relacionados

Consumo ecolóxico

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e EE

Obxectivos:

  • Practicar actividades que permitan coñecer a Educación Ambiental desde a óptica da recuperación das nosas tradicións e do coñecemento dos valores ambientais da nosa contorna.
  • Aprender a distinguir os procesos alimentarios e as súas consecuencias tanto para a saúde como para o medio ambiente.

Descrición e actividades:

Falamos da incidencia que o consumo ten na conservación ou deterioración do medio ambiente e damos a coñecer o concepto e índice de pegada "ecolóxica", pasando posteriormente a calcular a de cada participante.

Finalmente, de maneira colectiva, buscamos posibles accións para reducir a nosa "pegada ecolóxica".

Realizamos experimentos sinxelos que nos axudan a ver de maneira tanxible os procesados aos que foron sometidos algúns alimentos.

Outros contidos relacionados

Don R que R: o xogo dos envases

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil (3-6), Primaria e EE

Obxectivos:

  • Coñecer os distintos tipos de envases que se utilizan para o envasado de produtos alimentarios e o custo ambiental de cada un deles.
  • Informar o alumnado sobre a problemática dos envases, fomentando hábitos e actitudes positivas de cara á reciclaxe e a reutilización de envases para evitar as consecuencias negativas.

Descrición e actividades:

A través de xogos de manipulación, onde se manexan residuos reais e simulados, o alumnado aprenderá a separar os residuos en orixe, paso de vital importancia para a reciclaxe de envases e outros residuos. Para finalizar buscaremos alternativas de consumo a todos os produtos manexados para conseguir a redución de residuos.

Outros contidos relacionados

Consumo de auga no fogar

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil, Primaria e EE

Obxectivos:

  • Valorar e comprender a importancia do consumo responsable de auga.
  • Coñecer a importancia da conservación e uso deste recurso e comprender a importancia de conservación deste medio e os impactos dun mal uso da auga.
  • Aprender diferentes hábitos de aforro de consumo de auga no fogar.

Descrición e actividades:

Mediante un xogo analizamos o consumo habitual de auga durante un día para descubrir todo o gasto directo e indirecto. A partir das diferentes análises buscamos posibles solucións para reducir o consumo diario de auga e o impacto que xera.

Outros contidos relacionados

Comercio xusto

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Primaria (terceiro ciclo), ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e EE

Obxectivos:

  • Comprender que é o comercio xusto como alternativa de solidariedade e a procura dun novo modelo de relacións comerciais.
  • Identificar os produtos de comercio xusto e a súa localización nas diferentes superficies comerciais.

Descrición e actividades:

Mediante situacións reais, tentamos demostrar que para acceder a produtos baratos nos países máis desenvolvidos alguén resulta prexudicado noutros lugares, aínda sendo de maneira indirecta.

Despois desta primeira fase presentamos o que é un comercio xusto, que fuxa de conceptos como o de caridade, pero que garanta unhas condicións de vida dignas.

Realización da dinámica dos "tres mundos" para que comprendan a distribución e elaboración dos produtos a nivel mundial.

Outros contidos relacionados

Outros contidos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión