13 de abril de 2010
O traballo visible das coruñesas nos documentos do arquivo municipal (séculos XVIII - 1ª metade do XX).
No Día Internacional das Mulleres do ano 2009, a concellaría centrouse en difundir a memoria histórica das mulleres da Coruña, máis sinaladamente a daquelas figuras anónimas que merecen ser coñecidas e recoñecidas. O acto central foi a exposición+catálogo realizados en colaboración co Arquivo Municipal que tivo como motivo a relación da muller co mundo do traballo.
A través deste material documental e imaxes, custodiadas como apuntamos no Arquivo Municipal da nosa cidade puidemos achegarnos do 17 de marzo ao 26 de abril á historia das traballadoras coruñesas dos séculos XVIII, XIX e da primeira metade do século XX. Os comisarios da exposición foron Mª de la O Suárez Rodríguez, arquiveira municipal e cronista, e Luis Jaime Oíza Galán, director de Exposicións e Coleccións.
Paralelamente a exta exposición, a concellaría organizou un obradoiro desenvolvido en diferentes centros cívicos da cidade titulado “Coruñesas con historias: protagonistas no pasado e no presente”, centrado na importancia de visibilizar o protagonismo das mulleres no traballo fóra do fogar no presente e no pasado na nosa cidade, sendo o centro de interese da actividade esta exposición.
Os obxectivos deste obradoiro e, á fin, desta mostra documental, artística e fotográfica, foron:
Novas relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible