Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de abril de 2010

Muller e historia

O traballo visible das coruñesas nos documentos do arquivo municipal (séculos XVIII - 1ª metade do XX).

No Día Internacional das Mulleres do ano 2009, a concellaría centrouse en difundir a memoria histórica das mulleres da Coruña, máis sinaladamente a daquelas figuras anónimas que merecen ser coñecidas e recoñecidas. O acto central foi a exposición+catálogo realizados en colaboración co Arquivo Municipal que tivo como motivo a relación da muller co mundo do traballo.

A través deste material documental e imaxes, custodiadas como apuntamos no Arquivo Municipal da nosa cidade puidemos achegarnos do 17 de marzo ao 26 de abril á historia das traballadoras coruñesas dos séculos XVIII, XIX e da primeira metade do século XX. Os comisarios da exposición foron Mª de la O Suárez Rodríguez, arquiveira municipal e cronista, e Luis Jaime Oíza Galán, director de Exposicións e Coleccións.

Paralelamente a exta exposición, a concellaría organizou un obradoiro desenvolvido en diferentes centros cívicos da cidade titulado “Coruñesas con historias: protagonistas no pasado e no presente”, centrado na importancia de visibilizar o protagonismo das mulleres no traballo fóra do fogar no presente e no pasado na nosa cidade, sendo o centro de interese da actividade esta exposición.

Os obxectivos deste obradoiro e, á fin, desta mostra documental, artística e fotográfica, foron:

  • visibilizar o traballo fóra do fogar tanto o das propias asistentes ao obradoiro como o desempeñado polas súas antecesoras.
  • achegarse á historia das mulleres coruñesas en canto ao seu traballo fóra do fogar dende o século XVIII ata a metade do século XX, traballando sobre os datos e información achegada dende a exposición municipal.
  • formar a un grupo representativo (dos distintos centros ou asociacións de mulleres participantes) de mulleres como guías da exposición municipal.
  • realizar visitas guiadas á exposición municipal sendo as guías dos diferentes grupos as mulleres formadas polo persoal municipal.
  • traballar na aula sobre as experiencias do grupo e sobre a documentación gráfica ou oral achegada por cada unha das mulleres (fotografías, postais, documentos escritos,  narracións orais ...)
  • idear unha forma de presentación conxunta de todo o material proporcionado na clase (elaboración dun catálogo, realización dunha exposición, deseño dunha ruta pola cidade ...)
  • deseñar conxuntamente co/a monitor/a unha proposta de actividade conxunta de remate final de todos os obradoiros impartidos así como a planificación da súa execución (encontro entre centros, merenda ...).

Enderezo:

María Pita.

Documentos relacionados

  • Cartel "O traballo visible das coruñesas" (885 KB)
  • Cartel "Á sombra da Historia" (846 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión