PPT
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Recursos humanos
Emprego
No
Participación na convocatoria de provisión dos postos de traballo vacantes e dotados economicamente nos orzamentos do Concello da Coruña mediante o procedemento de concurso ordinario.
O proceso consta de dúas fases:
Concurso Ordinario, C.E. 1/19 - FASE DE RESULTAS
Dende o 15/05/2024 ata o 05/06/2024
Persoal funcionario de carreira do Excmo. Concello da Coruña, así como o persoal doutras Administracións Públicas nos casos en que así estea previsto na correspondente relación de postos de traballo (RPT), agás os suspensos en firme mentres dure a suspensión, sempre que reúnan as condicións e requisitos esixidos na convocatoria na data en que termine o prazo de presentación de instancias. Estes requisitos deberán manterse ata a data de toma de posesión no posto adxudicado.
Permanecer un mínimo de dous anos no último posto obtido con carácter definitivo.
Para poder participar na fase de resultas será requisito necesario participar na primeira fase do concurso ordinario 1/19 e non resultar adxudicatario dun posto de traballo con carácter definitivo. Quedan excluídas da participación na fase de resultas aquelas persoas que, estando en adscrición provisional, non cumprisen a obriga de solicitar todos os postos de traballo adecuados ao seu corpo, escala ou categoría, na primeira fase deste concurso.
A adxudicación do posto solicitado ás persoas participantes estará condicionada a que cumpran os requisitos de desempeño e ocupación daquel establecidos na RPT.
Nos postos da escala de Administración Especial, deberase posuír a habilitación profesional necesaria para o desempeño dos postos solicitados.
O persoal doutras Administracións Públicas distintas do Concello da Coruña, ademais dos requisitos anteriores, deberá cumprir os requisitos esixidos nas normas de xestión da RPT vixentes.
Ningún
Concelleiro responsable da área de Economía e Planificación Urbana
Normativas relacionadas
Do 14 de maio ao 05 de xuño de 2024 (DOG núm 93 do 14 de maio de 2024)
Publicación previa da convocatoria noutros boletíns:
Documentos relacionados
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para tramitar dita solicitude, segundo está especificado na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1202
Non procede
De acordo co previsto na Lei 39/2015, de 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, contra a resolución deste procedemento, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, un recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que a ditou ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa contados a partir do día seguinte ao da publicación da disposición impugnada ou ao da notificación ou publicación do acto que poña fin á vía administrativa. No caso de interpoñer un recurso de reposición, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible