Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Materia:
Medio ambiente, Animales Domésticos
Vixente:
Si
É a licenza que teñen que obter as persoas que sexan propietarias e as que conduzan ou custodien animais potencialmente perigosos, e os seus cruzamentos, segundo o artigo 2.2.c do decreto 90/2002 galego.
Entenderase por can potencialmente perigoso:
- As 16 razas sinaladas no artigo 16.2 da Lei 4/2017, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
- Os que tiveron algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou cousas.
- Os que foron adestrados para a garda e defensa.
- Os que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento para a garda e defensa e, en concreto, os pertencentes ás categorías recollidas no artigo 2.2.c) do decreto 90/2002.
Licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos
Inscricións:
Dende o 14/08/2020
Sobre o procedemento
A quen vai dirixido?:
Persoa física, maior de idade e empadroada no Concello da Coruña
Requisitos:
Para solicitar a licenza é necesario estar empadroado/a no Concello da Coruña.
Prezo / Custo:
Aboamento das taxas previstas en:
- Ordenanza fiscal nº 1 (taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos): 11,28 euros.
- Ordenanza fiscal nº 10 (taxa por prestación de servizos de sanidade preventiva, relacionados con animais de compañía): 38,41 euros.
Órgano que resolve:
Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sostibilidade
Máis información:
- A licenza terá un período de validez de cinco anos e poderá ser renovada por períodos sucesivos de igual duración.
- A licenza perderá a súa vixencia no momento en que a persoa titular deixe de cumprir calquera dos requisitos esixidos para a súa obtención.
- Calquera variación dos datos que figuran na licenza deberá ser comunicada polo/a seu/súa titular no prazo de quince días, que se contarán dende a data en que se produza, ao órgano que expediu a licenza.
- Terá a consideración de infracción administrativa moi grave a tenza de cans ou animais potencialmente perigosos sen licenza. A dita infracción pode ser sancionada con multa de ata 15.000 euros, sen prexuízo das sancións accesorias previstas na lexislación previstas entre elas a confiscación e comiso do animal, así como coa SUSPENSIÓN TEMPORAL OU DEFINITIVA da licenza para tenza de animais potencialmente perigosos.
Certificado: certificado de non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. (Lugar de obtención do certificado: Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente. Edif. Administrativo Monelos, praza Luis Seoane, s/n. Tel.: 981 184 539/981 184 499).
Certificado de capacidade física: certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica para a tenza de animais potencialmente perigosos, emitido polos directores dos centros médico-psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados.
Certificado de antecedentes penais: certificado de antecedentes penais. Este certificado poderase obter no Rexistro de Penados e Rebeldes situado na rúa Alcalde Casás, s/n. Tel.: 981 246 231
Seguro: xustificación da subscrición e formalización para o animal dun seguro de responsabilidade civil sen franquía, que se deberá renovar anualmente, onde se especifique claramente que o animal ten unha cobertura mínima de 125.000 euros, e que cobre os danos causados a terceiros sempre que sexa conducido por unha persoa que teña a correspondente licenza, sexa ou non propietaria do animal e/ou tomadora do seguro. Acreditarase mediante a presentación de copia compulsada da póliza de seguro ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente.No caso de que o seguro non estivese a nome da persoa solicitante, documento acreditativo da compañía aseguradora que certifique que a póliza cobre o interesado (caso dos seguros de fogar). Copia compulsada do último recibo do seguro
Aboamento das taxas previstas na Ordenanza fiscal n.º 1 (taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos) e na Ordenanza fiscal n.º 10 (taxa por prestación de servizos de sanidade preventiva, relacionados con animais de compañía), aplicables en cada ano fiscal.
Fotografía tamaño carné
Certificado de non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas na Lei 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. Lugar de obtención: Delegación Provincial da Consellería de Medio ambiente - Edificio Administrativo Monelos, praza Luís Seoane s/n. Tel.: 981 184 539 / 981 184 499
Certificado de antecedentes penais. Poderase obter acudindo a persoa interesada á Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza, situada na rúa Alcalde Manuel Casás, s/n desta cidade (Edificio de Correos).
Certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica, emitido polos directores dos Centros Médico-Psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados.
Xustificación da subscrición e formalización para o animal dun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 125.000 €, (sen franquía) por danos a terceiros, aínda que o animal sexa cedido a outra persoa para o seu coidado, sempre que esa persoa teña licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos. Este extremo acreditarase mediante a presentación dunha copia da póliza do seguro, ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente.
Xustificante de pago do último recibo de seguro en vigor.
Como se fai?:
De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas"
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a licenza que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Como se fai?:
A través desta Sede electrónica municipal
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible