Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro Camiños Escolares Seguros

O Concello da Coruña xunto coa Rede de Cidades que Camiñan, da que forma parte, súmase á iniciativa do obradoiro de Camiños Escolares Seguros

Ponse en marcha esta ferramenta educativa relacionada coa mobilidade sostible e saudable.

Esta iniciativa consta de 3 sesións:

Sesión 1. Teórica

Obxectivo da sesión: Sentar as bases conceptuais sobre as que debería sustentarse calquera proxecto de camiño Escolar Seguro, proporcionar unha metodoloxía para a súa posta en marcha e formar a policías, profesorado e outros profesionais con interese nesta materia.

Sesión 2. Práctica

No colexio seleccionado. Traballarase co alumnado de 4º curso, as súas familias e profesores.

Obxectivo da sesión: explicar que é un Camiño Escolar Seguro e determinar posibles itinerarios.

Sesión 3. Sesión práctica

No mesmo colexio e co mesmo grupo de persoas que na sesión anterior.

Obxectivo da sesión: analizar a situación do espazo público do itinerario seleccionado na sesión anterior e propoñer posibles actuacións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión