PERTAX
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Transporte, Sector público
Si
Solicitude para obter o permiso municipal de taxista.
A cidadanía que desexe conducir un vehículo destinado ao servizo de taxi do Concello da Coruña deberá obter o permiso municipal de taxi.
CARACTERÍSTICAS DO EXAME:
Para obter os permisos municipais de taxi será necesario realizar un exame, que terá lugar o primeiro venres hábil de cada mes no Departamento de Mobilidade situado na Estación de Autobuses (r/ Caballeros s/n). As persoas aspirantes poderán cometer un máximo de cinco fallos. O/a solicitante poderá realizar a proba de aptitude un máximo de dúas veces; no caso de que non consiga superar o exame nos dous intentos estipulados, deberá aboar novamente a taxa pola realización da proba.
Na páxina web pódese consultar o temario esixido para o exame.
VIXENCIA:
O permiso terá un validez de 5 anos e deberase renovar unha vez que transcorrese o devandito prazo. Se non se usa o permiso durante un prazo máximo de seis meses, será revogado. No caso de que non se exerza por atoparse en situación de desemprego involuntario o permiso seguirá vixente durante un prazo máximo de dous anos.
RECOLLIDA DO PERMISO:
A retirada do permiso realizaraa a persoa interesada no Departamento de Mobilidade unha vez recibida a notificación. Para recoller o carné deberá presentar:
- Orixinal e copia do contrato de traballo.
- Orixinal e copia da inscrición de alta na Seguridade Social.
- Declaración responsable na que manifeste que presta o servizo de taxi con exclusiva dedicación, cumprindo o fixado na Lei 4/2013, do 30 de maio (art. 20 apart. 1).
Permiso municipal de taxista 2020
Persoas físicas que desexen obter o permiso municipal de taxista.
Superar o exame para obter o permiso.
Para obter os permisos municipais de taxi será necesario realizar un exame, que terá lugar o primeiro venres hábil de cada mes no Departamento de Mobilidade, situado na Estación de Autobuses (r/ Caballeros s/n).
As persoas aspirantes poderán cometer un máximo de cinco fallos. O/a solicitante poderá realizar a proba de aptitude un máximo de dúas veces; no caso de que non consiga superar o exame nos dous intentos estipulados, deberá aboar novamente a taxa pola realización da proba.
Na páxina web municipal pódese consultar o temario esixido para o exame.
Suxeito a taxa en virtude das ordenanzas fiscais números 1 e 13.
Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade
CARACTERÍSTICAS DO EXAME:
Para obter os permisos municipais de taxi será necesario realizar un exame, que terá lugar o primeiro venres hábil de cada mes no Departamento de Mobilidade situado na Estación de Autobuses (r/ Caballeros s/n).
As persoas aspirantes poderán cometer un máximo de cinco fallos. O/a solicitante poderá realizar a proba de aptitude un máximo de dúas veces; no caso de que non consiga superar o exame nos dous intentos estipulados, deberá aboar novamente a taxa pola realización da proba.
Na páxina web pódese consultar o temario esixido para o exame.
VIXENCIA:
O permiso terá un validez de 5 anos e deberase renovar unha vez que transcorrese o devandito prazo.
Se non se usa o permiso durante un prazo máximo de seis meses, será revogado. No caso de que non se exerza por atoparse en situación de desemprego involuntario o permiso seguirá vixente durante un prazo máximo de dous anos.
RETIRADA DO PERMISO:
A retirada do permiso realizaraa a persoa interesada no Departamento de Mobilidade unha vez recibida a notificación.
Para recoller o carné deberá presentar:
- Orixinal e copia do contrato de traballo.
- Orixinal e copia da inscrición de alta na Seguridade Social.
- Declaración responsable na que manifeste que presta o servizo de taxi con exclusiva dedicación, cumprindo o fixado na Lei 4/2013, do 30 de maio (art. 20 apart. 1).
Documentos relacionados
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
3 meses
Recursos posibles:
- Recurso potestativo de reposición
- Recurso contencioso-administrativo
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible