Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Iníciase o procedemento por informe emitido pola Policía Local, a Policía Nacional ou o Servizo de inspección ambiental por incumprimento da ordenanza de xestión de residuos e limpeza viaria.
A non presentación de alegacións á resolución de incoación implicará que esta sexa considerada proposta de resolución, cos efectos previstos na Lei 39/2015.
O pago voluntario da sanción efectuado con anterioridade á Resolución que poña fin ao procedemento, implicará a finalización deste, e gozará dunha bonificación do 30% do importe da sanción.
Sancionador por infracción ordenanza xestión residuos e limpeza viaria
Inscricións:
Sobre o procedemento
A quen vai dirixido?:
Persoas físicas ou xurídicas.
Prezo / Custo:
Ningún.
Órgano que resolve:
Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sustentabilidade.
Máis información:
Sen prexuízo da sanción que corresponda, os infractores están obrigados á reposición ou restauración da realidade física alterada ao seu estado anterior á infracción cometida. A esixencia destas medidas, que inclúen as posibles indemnizacións por danos e prexuízos, poderá facerse efectiva no propio procedemento sancionador ou, no seu caso, noutro complementario.
As alegacións á incoación e á proposta de resolución poderán presentarse en calquera dos rexistros do Concello da Coruña e polos demais medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.
Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico, que tamén se pode descargar desde esta páxina.
Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Como se fai?:
As alegacións á incoación e á proposta de resolución poderán presentarse en calquera dos rexistros do Concello da Coruña e polos demais medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible