Concello da Coruña

Concello da Coruña

SRGCAH

Solicitude de recoñecemento de grao carreira administrativa horizontal

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Recursos humanos

Materia:

Sector público

Vixente:

Si

Solicitude de recoñecemento do grao de progresión no sistema transitorio da carreira administrativa horizontal.

Solicitude recoñecemento de grao carreira administrativa horizontal 2023

Inscricións:

Dende o 20/04/2023 ata o 04/05/2023

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoal funcionario ou laboral do Concello da Coruña

Requisitos:

  1. Estar incluído no ámbito de aplicación definido na base 2 do acordo para a aplicación do sistema transitorio de recoñecemento da progresión da carreia administrativa do Concello da Coruña.
  2. Estar en situación de servizo activo no Concello da Coruña ou servizos especiais desempeñando un posto de traballo ou cargo no Concello da Coruña, ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza no prazo de presentación de solicitudes establecido na correspondente convocatoria.
  3. Ter a condición de persoal funcionario ou laboral deste Concello a 31/12/2022.
  4. Presentar a solicitude de recoñecemento de grao, por medios electrónicos, de acordo co establecido en cada convocatoria.
  5. Obter unha avaliación favorable cunha puntuación mínima de 4 puntos segundo o baremo establecido na base 4.4 apartados a), b), c), d), e), f) e g).
  6. Cumprir os seguintes requisitos de permanencia desde a toma de posesión no Concello da Coruña na mesma escala, subescala, clase e grupo/subgrupo de clasificación profesional no que se solicita o recoñecemento de grao:
  • Para o acceso ao grao inicial e grao I: 5 anos de antigüidade a 31/12/2022.
  • Para o acceso ao grao II: 10 anos de antigüidade a 31/12/2022.
  • Para o acceso ao grao III: 15 anos de antigüidade a 31/12/2022.
  • Para o acceso ao grao IV: 20 anos de antigüidade a 31/12/2022.

Para os efectos de completar o período de permanencia en cada grao, computarase o tempo transcorrido na situación de servizo activo ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza na mesma escala, subescala, clase e grupo/subgrupo de clasificación profesional.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior

Máis información:

No ano 2023 aboarase o 20% das contías establecidas no acordo do sistema transitorio da progresión na carreira administrativa de conformidade coa previsión establecida na base transitoria primeira.

Presentación

Prazo de presentación:

Consultar a convocatoria

Documentación necesaria:

  • Solicitude específica
  • Documentación que acredite os servizos prestados noutras administracións públicas indicando escala, subescala, praza e subgrupo de clasificación profesional só no caso de que non figure no seu expediente persoal.

Documentos relacionados

  • guía solicitude carreira administrativa (104 KB)

Canles de presentación

Presencial

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para tramitar a dita solicitude, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2022

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O establecido no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos

De acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, un recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que a ditou ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da disposición impugnada ou ao da notificación ou publicación do acto que poña fin á vía administrativa. No caso de interpoñer un recurso de reposición, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión