Solicitude recoñecemento de grao carreira administrativa horizontal 2024
Pechado
Dende o 19/02/2024 ata o 15/03/2024
Solicitude de recoñecemento do grao de progresión no sistema transitorio da carreira administrativa horizontal.
Telemático, Presencial
Recursos humanos
Sector público
Si
Descarga e envío do formulario
Persoal funcionario ou laboral do Concello da Coruña.
Para os efectos de completar o período de permanencia en cada grao, computarase o tempo transcorrido na situación de servizo activo ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza na mesma escala, subescala, clase e grupo/subgrupo de clasificación profesional
Ningún
Titular da Concellaría Delegada de Economía e Planificación Urbana
No ano 2024 aboarase o 25% das contías establecidas no acordo do sistema transitorio da progresión na carreira administrativa de conformidade coa previsión establecida na base transitoria primeira.
Normativas relacionadas
Desde o luns 19 de febreiro de 2024 ás 00.00 horas ata o venres 15 marzo ás 23 horas 59 minutos.
Documentos relacionados
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para tramitar dita solicitude, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
O establecido no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas
Desestimatorio
Recursos
De acordo co previsto na Lei 39/2015, de 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, un recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que a ditou ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa contados a partir do día seguinte ao da publicación da disposición impugnada ou ao da notificación ou publicación do acto que poña fin á vía administrativa. No caso de interpoñer un recurso de reposición, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible