Concello da Coruña

Concello da Coruña

Marcha escolar Rolda Peonil con Stop Accidentes

stop accidentes

Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, Stop Accidentes sae á rúa apostando pola Rolda Peonil da nosa cidade.

Percorrido: Senda Peonil

Rúa Alcalde Marchesi

Rúa Puga e Parga

Rúa Mariscal Pardo de Cela

Rúa Oidor Gregorio Tovar

Rúa Ángel Senra

Rúa Ramón Cabanillas

stop accidentes

Programa de Actividades

1. Percorrido de ida: DETECTIVES DA MOBILIDADE

Taller de deseño urbano- DETECTIVES DA MOBILIDADE- Organízase o percorrido A.N.C.A.S. realízase observación da contorna cos alumnos desde o centro educativo percorrendo a senda peonil iniciando en rúa Alcalde Marchesi, pasando pola rúa Mariscal Pardo de Cela e rúa Angel Senra e rematando o percorrido na praza de Ramón Cabanillas.

Entrégase a cada alumno a metodoloxía nun folio: as regras de participación, unha camiseta e un brazalete reflector e un caderno para realizar unha observación do estado actual de rúa/contorna: Canto mide: beirarrúas, vías; cantos comercios, a que se dedican; obstáculos: colectores, estado das beirarrúas; aparcadoiros; altura dos edificios etc. Móstranse imaxes de como eran esas zonas antes para analizar e comparar.

Durante do percorrido de ida deberán dedicar tempo para analizar un mapa que lle entregamos e encher identificando lugares de referencia, sinalar obstáculos e reflexionar sobre as actitudes que observa nas persoas que se atopa á hora de desprazarse ao cole.

Percorrido de volta: METRO MINUTO ANCAS

Previa á actividade confeccionaremos o mapa do METRO MINUTO A.N.C.A.S. Realízase con base aos mapas das rutas do camiño escolar, na que incorporamos a temporalización cun formato tipo metro que permita ás familias a comparación de distancia entre varios puntos do percorrido do barrio ao cole.

Metodoloxía de experimentación

Durante o percorrido de volta ao cole determinásese unha ruta ANCAS para comprobar o tempo do percorrido polos nenos e nenas e a distancia.

Para iso entregamos unha ficha a cada alumno/a en a que deben: pensar, investigar, experimentar, definir, debuxar, medir e contrastar a súa experiencia do percorrido de ida peonil, pero agora de camiño ao cole.

Obxectivo do percorrido

Este exercicio de experimentación ao tratarse de distancias curtas e tempos breves, fomenta a predisposición das persoas para camiñar ata o cole, elixindo ir andando para os seus desprazamentos. Promovemos unha mobilidade activa camiño do colexio para reactivar as rutas peonís dos escolares e familias para fomentar a autonomía do alumnado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión