Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, Stop Accidentes sae á rúa apostando pola Rolda Peonil da nosa cidade.
Percorrido: Senda Peonil
Rúa Alcalde Marchesi
Rúa Puga e Parga
Rúa Mariscal Pardo de Cela
Rúa Oidor Gregorio Tovar
Rúa Ángel Senra
Rúa Ramón Cabanillas
Programa de Actividades
1. Percorrido de ida: DETECTIVES DA MOBILIDADE
Taller de deseño urbano- DETECTIVES DA MOBILIDADE- Organízase o percorrido A.N.C.A.S. realízase observación da contorna cos alumnos desde o centro educativo percorrendo a senda peonil iniciando en rúa Alcalde Marchesi, pasando pola rúa Mariscal Pardo de Cela e rúa Angel Senra e rematando o percorrido na praza de Ramón Cabanillas.
Entrégase a cada alumno a metodoloxía nun folio: as regras de participación, unha camiseta e un brazalete reflector e un caderno para realizar unha observación do estado actual de rúa/contorna: Canto mide: beirarrúas, vías; cantos comercios, a que se dedican; obstáculos: colectores, estado das beirarrúas; aparcadoiros; altura dos edificios etc. Móstranse imaxes de como eran esas zonas antes para analizar e comparar.
Durante do percorrido de ida deberán dedicar tempo para analizar un mapa que lle entregamos e encher identificando lugares de referencia, sinalar obstáculos e reflexionar sobre as actitudes que observa nas persoas que se atopa á hora de desprazarse ao cole.
Percorrido de volta: METRO MINUTO ANCAS
Previa á actividade confeccionaremos o mapa do METRO MINUTO A.N.C.A.S. Realízase con base aos mapas das rutas do camiño escolar, na que incorporamos a temporalización cun formato tipo metro que permita ás familias a comparación de distancia entre varios puntos do percorrido do barrio ao cole.
Metodoloxía de experimentación
Durante o percorrido de volta ao cole determinásese unha ruta ANCAS para comprobar o tempo do percorrido polos nenos e nenas e a distancia.
Para iso entregamos unha ficha a cada alumno/a en a que deben: pensar, investigar, experimentar, definir, debuxar, medir e contrastar a súa experiencia do percorrido de ida peonil, pero agora de camiño ao cole.
Obxectivo do percorrido
Este exercicio de experimentación ao tratarse de distancias curtas e tempos breves, fomenta a predisposición das persoas para camiñar ata o cole, elixindo ir andando para os seus desprazamentos. Promovemos unha mobilidade activa camiño do colexio para reactivar as rutas peonís dos escolares e familias para fomentar a autonomía do alumnado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible