Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de abril de 2010

8 de marzo

Día internacional das mulleres

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día da Muller. A Área de Igualdade da Concellaría súmase á celebración e á reivindicación promovendo ano tras ano diversas actividades que pretenden difundir, sensibilizar, debater e/ou formar sobre diferentes aspectos relacionados co mundo das mulleres.

Desde a súa creación, a concellaría desenvolveu actividades de diferente tipo, con soportes e públicos tamén variados, con motivo das demandas do Día Internacional da Muller. Exposicións como "Desenfocadas", sobre a imaxe feminina nas revistas dirixidas a rapazas novas, "Visibilidade", unha aposta fotográfica que convida a imaxinarse escenarios imposibles a partir dunha aposta clara polo cambio de roles ou "O traballo visible das coruñesas". Obradoiros sobre as mulleres como espello de culturas, sobre a historia das mulleres da Coruña ou sobre as perpetuacións interesadas dos roles e estereotipos de xénero. Este ano 2011 engadimos un ciclo audiovisual e obradoiros sobre o rueiro feminino ou coeducativos.

Na columna da vosa dereita poderedes acceder á documentación precisa para achegarvos ao que significa para a nosa concellaría esta celebración.

Enderezo:

María Pita.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión