Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Instrucción 2/2019, sobre la actividad contractual del Ayuntamiento de A Coruña.
Se aprueba la Instrucción 2/2019, sobre la actividad contractual del Ayuntamiento de A Coruña, en relación a la contratación menor, a la racionalización y agilización de la actividad contractual, así como cuestiones relativas a la mencionada actividad contractual municipal.
Ámbito:
Local
Instrucción 2/2019, sobre la actividad contractual del Ayuntamiento de A Coruña, de 6 de noviembre de 2019,
Analizouse a actividade contractual do Concello da Coruña, detectándose diversas incidencias contrarias a eficacia administrativa, así como á necesaria seguridade xurídica. Constatouse unha excesiva demora na tramitación de procedementos contractuais, a necesidade de concentración de trámites no desenvolvemento das Mesas de Contratación e mesmo de propiciar o seu funcionamento electrónico. Existe unha excesiva dispersión de procedementos de contratación para prestacións semellantes; velaquí a tramitación descentralizada de procedementos abertos simplificados abreviados e mesmo dos procedementos con negociación. Obsérvase a heteroxeneidade de elementos estruturais no contido dos pregos de cláusulas administrativas particulares: prestacións parecidas ou, cando menos, o mesmo tipo de contratos administrativos, teñen duracións distintas, criterios de adxudicación dispares, condicións de execución diferentes (....).
Non existe seguimento da fase de execución, desde a especialización do servizo de contratación, en incidencias tan relevantes como as prórrogas, as modificacións dos contratos ou a imposición de penalidades. Existen prestacións sen contrato, con incidencia no número de reparos de Intervención, así como a demora no aboamento das prestacións e polo tanto a súa incidencia negativa no período medio de pago. Proliferan os recursos especiais en materia de contratación, con resultados adversos aos acordos municipais en diversos procedementos.
Esta situación da actividade contractual esixe adoptar un conxunto de medidas instrumentais para superar os efectos negativos expostos e mellorar a actividade contractual en eficacia, programación e efectos estratéxicos da contratación: aspectos sociais, ambientais, de innovación, de fomento das "Pemes", de actividade económica agregada e a escala. En consecuencia, é necesario:
a) Reorganizar e reforzar o servizo de contratación.
b) A centralización da contratación, acorde a especialización do servizo de contratación.
c) A concentración de trámites no funcionamento das mesas de contratación, procurando, na maior brevidade posible, a operativa electrónica das mesmas.
d) A participación do servizo de contratación, especializado na lexislación contractual, na fase de execución do contrato, sen prexuízo das intervencións preceptivas e dos propios centros xestores e dos responsables, a fin de homoxeneizar trámites e harmonizar respostas.
e) Dispoñer de información en formato electrónico (rexistro de contratos) sobre contratos vixentes, trámites substanciais na fase de execución, data de finalización, prórrogas, eventuais modificacións... Esta información continuada sobre os contratos existentes e a súa evolución, permitirá render información aos órganos de goberno, aos rexistros administrativos e aos distintos centros de control. Tamén facilitará a necesaria programación das licitacións, con antelación suficiente ao seu vencemento, para evitar prestacións sen contrato.
f) Avaliar a actividade prestacional a fin de decidir, con parámetros de economía, eficiencia, sustentabilidade e calidade das prestación, en cada momento, acudir a prestacións externalizadas ou ben, a autoprovisión de bens e servizos, con medios propios.
g) Programar a actividade contractual de forma que se apliquen técnicas de agregación na provisión externa de bens e servizos ao concello, se diminúan os custes de funcionamento, se aplique efectivamente a contratación pública estratéxica e se consiga unha maior eficacia na calidade da actividade contractual.
En canto á contratación menor mantense a instrución 1/2018, que se aprobara en Xunta de Goberno de 6 de abril de 2018, e polo tanto a tramitación descentralizada, incorporando determinadas melloras técnicas, de transparencia e publicidade; neste sentido, a criterio de cada órgano e centro xestor, poderá incorporarse ao expediente a solicitude de tres orzamentos ou ben pedir as ofertas a través do perfil do contratante.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible