Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Cuándo:

6 de julio de 2024

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, izou a bandeira azul na praia de Riazor, distintivo renovado polos cinco areais coruñeses

O Concello habilita a consulta previa á tramitación da nova ordenanza para o uso de praias da Coruña

As persoas interesadas terán ata o vindeiro 15 de xullo para participar na consulta

O Concello publicou na web municipal a consulta previa á elaboración da Ordenanza para o uso racional e sostible das praias da Coruña, co obxectivo de que as persoas poidan participar na definición da nova normativa, recollendo a opinión cidadá e das organizacións máis representativas da cidade.

Na actualidade, e no marco das competencias municipais a respecto das praias, non existe un regulamento que garanta o correcto uso e gozo dos areais do termo municipal. O Goberno de Inés Rey inicia así o procedemento para que A Coruña conte cunha ferramenta para avanzar na concienciación e protección dos areais.

O obxectivo desta nova normativa é determinar as áreas de uso público e zonas de baño da Coruña, regular o uso do litoral de acordo coa súa propia natureza a respecto da paisaxe e valores como recurso natural. Ademais, concretarase na ordenanza un réxime sancionador específico, de igual xeito que noutros concello de Galicia, adaptado á realidade coruñesa e orientado á concienciación cidadá e respecto ao medio ambiente. As persoas ou organizacións que desexen achegar as súas propostas poderán envialas ata o día 15 de xullo, inclusive, a través do correo electrónico concellaria.medioambiente@coruna.gal.

A información dispoñible pode consultarse aquí, na web de Coruña Sostenible .

Por outra banda, A Coruña renovou neste ano 2024 a totalidade das bandeiras azuis nos areais, co distintivo de calidade nas praias das Lapas, Orzán, Matadoiro, Riazor e Santo Amaro outorgado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC). A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, izou o distintivo na praia de Riazor. Destacou que a nova ordenanza suporá un paso máis para o mantemento dos distintivos, regulando o seu uso e correcta convivencia con actividades, respectando o dereito de todas as persoas ao gozo das praias.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión