Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Plans de xestión

Gaivotas

Foron dende sempre parte da paisaxe coruñesa. As gaivotas patiamarelas criaban nas costas próximas, e acudían á ría e ao porto a alimentarse. Hai preto de 15 anos o seu número experimentou un crecemento sen precedentes. Entón, moitas decidiron criar nos nosos tellados e azoteas.

Por que aumentou de súpeto a súa poboación? A resposta é sinxela, a partir dos anos 70 os coruñeses comezamos a poñer á súa disposición cada vez maiores cantidades de restos de alimentos, en lugares como o vertedoiro de Bens, o porto ou os mercados. O que a nós nos sobraba era aproveitado por elas. Agora acostumáronse a criar na cidade.

Medidas:

  • Retirada de niños e ovos dos tellados onde crían: este impacto indúceas a cambiar de zona de cría e limita a produción de pitos.
  • Retirada de adultos e pitos de patios interiores, terrazas, etc: reservada a aqueles lugares onde as molestias son continuas ou causan desfeitas.

Volver a menú

Estorniños

Ao chegar o outono, centos de miles de estorniños pintos do centro e norte de Europa veñen pasar o inverno á península Ibérica. Unha importante porción deles sérvense das nosas cidades como durmidoiros. Acoden a elas ao caer a noite, e abandónanas ao amencer.

Por que estas aves silvestres elixen a nosa compañía? Abrigo e seguridade, isto é o que veñen buscar cada noite os estorniños. As maiores temperaturas dos xardíns e parques da cidade, e a menor presenza nela dos seus depredadores naturais, fan deles un lugar idóneo para durmir.

Medidas:

  • Vixilancia durante o inverno dos parques e xardíns públicos da cidade: para localizar con antelación novos durmidoiros.
  • Forzar o abandono de durmidoiros empregando reclamos de alarma pregravados desta especie: esta medida aplícase nos lugares nos que a concentración de estorniños é maior. 

Volver a menú

Pombas

Non existe unha soa cidade en Europa que careza de pombas domésticas. O seu número creceu a medida que as urbes o facían. Durante moito tempo, ademais, criábanse nas azoteas e consumíanse.

Por que aumentou a súa poboación? De novo, a causa é a maior dispoñibilidade de alimento. Neste caso, a constante trasfega de gran no porto. Tamén o alimento que algúns cidadáns lles reparten en parques e xardíns. Ademais, as pombas silvestres das que proceden as domésticas viven en cortados rochosos e cantís, e, hai algo máis parecido a eles que as nosas fachadas?

Medidas:

  • Asesoramento técnico ao cidadán para o cerramento das vías de entrada das pombas aos edificios onde crían ou se pousan (reparacións en tellados e galerías, colocación de redes, etc.).

Volver a menú

Resultados

Gaivotas: conseguiuse reducir case á metade o número de parellas reprodutoras, pasando de 1.700 no ano 2000 a 900 parellas no ano 2001. Ao longo destes dous anos realizáronse visitas a 731 vivendas, nas que se retiraron 538 niños.

Estorniños: con esta especie conseguiuse que nun prazo inferior a un mes, máis do 90% dos exemplares cambiasen a localización do seu durmidoiro por outro no que non causan molestias. Deste xeito pasouse de 60.000 a 5.000 exemplares, para o que foron necesarias 816 visitas a 32 parques e xardíns públicos no inverno de 2000-2001.

Pombas: o número de exemplares cifrábase ao comezo do ano 2000 en arredor dos 34.000 exemplares. No ano 2001 o seu número non alcanza os 28.000 individuos. Neste tempo atendeuse e asesorouse aos propietarios de 193 edificios.

Algunha dúbida? Para calquera aclaración, consulta ou solicitude do servizo de control de aves, pode vostede utilizar o teléfono de Información Cidadá: 010.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión