Unhas 550 toneladas de residuos procedentes da recollida selectiva entran ao día na planta de tratamento de Nostián, situada no núcleo de poboación do mesmo nome que consta de tres grandes módulos:
Operativo dende 1999, o complexo ocupa unha extensión de 180 mil metros cadrados dedicados á xestión integral dos residuos urbanos da Coruña e a súa área metropolitana. O obxectivo é dar un tratamento axeitado a todos os desperdicios, maximizando a recuperación dos materiais reciclables e transformando a materia orgánica en electricidade e compost.
Durante estes máis de 10 anos de funcionamento, Nostián confirmouse en sintonía coas directrices marcadas pola Unión Europea.
De cara á optimización do tratamento dos residuos, no 2011 entrou en funcionamento un novo sistema de automatización denominado planta de CDR (Combustible derivado de residuos). O seu principal obxectivo foi incrementar a recuperación de residuos mellorando os sistemas de selección orixinais con axuda das novas tecnoloxías. Esta nova área de traballo tamén permitiu incrementar os índices de reciclaxe nun 5% e diminuír as porcentaxes de rexeitamento a vertedoiro nun 7%.
Ademais, con esta nova planta de CDR dótase a instalación dunha tecnoloxía suficiente para transformar este rexeitamento en combustible e obter enerxía eléctrica ou calorífica.
Tras os bos resultados, o obxectivo agora é aumentar aínda máis as marxes de mellora.
Non obstante, non podemos esquecer que a selección do lixo en orixe por parte da cidadanía é o mellor aliado para a xestión responsable dos residuos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible